Atopan o corpo sen vida dunha septuaxenaria desaparecida en Vimianzo

Os servizos de emerxencia recibiron a notificación da ausencia prolongada desta muller esta mesma madrugada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2018 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia atoparon, na mañá deste luns en Vimianzo (A Coruña), o corpo sen vida dunha muller de 77 anos que se atopaba en paradeiro descoñecido desde o venres.

Torres do Cereixo, en Vimianzo
Torres do Cereixo, en Vimianzo

Segundo informa o 112 Galicia, o achado da septuaxenaria produciuse nun regato da parroquia de Baíñas, onde fora vista por última vez.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia da desaparición da muller esta madrugada e, nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 activaron un operativo de procura que estivo coordinado pola Garda Civil e no que participou Protección Civil do municipio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta