O persoal do CHUS continúa coa folga para reclamar máis efectivos

Os traballadores ven insuficiente o aumento de 5 enfermeiros e 5 auxiliares que ofrece a Xerencia de Santiago. Ás 12.00h desta mañá tivo lugar unha concentración diante da porta de Urxencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/11/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O cadro de persoal do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) seguirá adiante coa folga indefinida logo de non chegar a ningún acordo coa Xerencia de Santiago no referido ao aumento de efectivos.  Ademais, ás 12.00h deste luns, tivo lugar unha concentración diante da porta de urxencias do CHUS.

Protesta do persoal de Urxencias do CHUS
Protesta do persoal de Urxencias do CHUS

Na reunión mantida esta mañá entre o Comité de Folga e a Xerencia de Santiago, púxose enriba da mesa a posibilidade de introducir 5 enfermeiras ou enfermeiros máis, e 5 auxiliares. Esta cifra é "insuficiente" para o Comité, polo que se decidiu continuar coa folga indefinida, que se está a desenvolver todos os luns dende as 08.00h até os xoves ás 08.00h.

Polo tanto, ás 12.00h desta mañá, segundo o previsto, levouse a cabo unha concentración diante da porta de urxencias do hospital. A manifestación prolongouse ata as 12.45h, cun percorrido arredor do complexo hospitalario para rematar diante da entrada principal. 

Ademais, fixouse outra reunión para o vindeiro mércores co fin de "seguir valorando" a situación e dar cunha solución. 

APOIO DOS PACIENTES

Dende o momento que se convocou esta folga, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS ten expresado o seu total apoio. Fixeron pública a súa "satisfacción pola resposta unánime do persoal sanitario ante a conduta neglixente e intolerante da xerencia, que se nega a admitir a realidade e que non está disposta a dotalo dos medios que se reclaman".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta