Investigan por acoso e abusos sexuais a un home de 73 anos de Nigrán que buscaba empregadas do fogar por Internet

A Garda Civil apunta a que pode haber decenas de vítimas.

Por E.P. | VIGO | 19/11/2018 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un veciño de Nigrán de 73 anos de idade polos delitos de "acoso e abusos sexuais", e "contra o dereito dos traballadores". O home entraba en contacto coas supostas vítimas a través de anuncios en Internet nos que manifestaba que buscaba unha empregada do fogar. A operación, a cargo do Posto Principal de Baiona-Nigrán, continúa aberta.

Garda Civil
Garda Civil

Os axentes lnotificaron ao suxeito a súa condición de investigado por estes delitos sobre varias mulleres, pero "a investigación considera que as vítimas poderían ser decenas".

Os investigadores tentan determinar o número de mulleres que puideron ser "coaccionadas" por este home "desde o ano 2014 até a actualidade". Segundo trasladaron, as vítimas respondían a un anuncio de traballo no que se solicitaba "unha muller para tarefas domésticas e do fogar", así como de "coidados a unha persoa con diversidade funcional física", que estaba nunha cadeira de rodas.

O agora investigado realizou a súa oferta laboral a través de páxinas de Internet despois de que a ONG que lle prestou axuda considerase que "non reunía o perfil adecuado" para expor a ningunha das candidatas da súa bolsa de emprego, após as "queixas e reticencias" das que acudiron ao seu domicilio.

Segundo manifestou a Garda Civil, este veciño de Nigrán "seleccionaba" ás candidatas "máis vulnerables". A maior parte delas eran de nacionalidade estranxeira, con estancia irregular no país e con moi poucos recursos económicos.

O home obrigábaas a pasar "unha proba de capacitación" para coñecer a súa suposta valía para o posto. A presunta proba consistía en pasar unha noite con el, momento no que xa eran vítimas de abusos, segundo a investigación realizada, que identificou unha decena de afectadas.

No relato das vítimas recóllense testemuños de que había "tocamentos de carácter sexual" de forma "autoritaria e agresiva", segundo informaron desde a Garda Civil.

CASE MEDIO CENTO DE CANDIDATAS

Así mesmo, outros testemuños sitúan no domicilio deste home a case medio cento de "candidatas" nos últimos anos que acudiron a traballar ou á suposta entrevista laboral.

A parte dos delitos de acoso e abusos sexuais, investígaselle por atentar contra o dereito dos traballadores polas "irregularidades" detectadas nas contratacións das súas empregadas e por un delito contra a integridade moral "na persoa dunha muller da súa contorna familiar".

Sobre este último delito, os investigadores apuntaron que dispoñen de testemuños sobre supostos malos tratos a esta muller, "coaccionándoa para que non tivese relación co resto da familia nin acudise a ningún centro médico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta