A Xunta anuncia novas medidas contra a violencia de xénero

Un plan de acceso á vivenda para vítimas, reforzar a rede de acollida ou poñer o foco nos casos de violencia machista no rural son algunhas das decisións do Goberno galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2018 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego porá en marcha o próximo ano un total de 14 novas medidas para desenvolver en Galicia o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, no pleno do Parlamento. XUNTA/CONCHI PAZ - Archivo / Europa Press
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, no pleno do Parlamento. XUNTA/CONCHI PAZ - Archivo / Europa Press

Así o avanzou este martes durante a súa comparecencia no pleno da Cámara, no que citou, entre outras accións, que a Xunta poderá en marcha un plan integral de acceso á vivenda para vítimas, reforzará a rede galega de acollida e activará con asociacións un programa de apoio para mulleres que padecen violencia machista no rural.

Rueda destacou estas medidas durante unha intervención na que deu conta de que a Administración autonómica xa recibiu os 8 millóns de euros asignados polo Estado para o desenvolvemento deste pacto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta