Quen financiou en negro ao Partido Popular

Novas informacións confirman o finaciamento en B do PP galego durante os gobernos de Manuel Fraga. Un diñeiro que procedía de numerosas empresas, moitas delas, adxudicatarias de obras da propia Xunta nos gobernos de Fraga e Feijóo. Así o corrobora documentación da operación Kitchen.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2018 | Actualizada ás 22:36

Comparte esta noticia

El Mundo publicaba esta semana parte de información dunha ampla selección de documentación prodecente da coñecida como operación Kitchen. Trátase dun suposto operativo montado polo Ministerio do Interior coa colaboración do polémico comisario Villarejo durante o Goberno de Mariano Rajoy para roubarlle documentación a Luís Bárcenas e extorsionalo para que falase. E nesta documentación volven a aparecer documentos que implican ao PP galego no financiamento en B.

Pocholo e o ex alcalde de Ortigueira, Antonio Campo
Pocholo e o ex alcalde de Ortigueira, Antonio Campo | Fonte: La Sexta

Así, este xornal revela unha carta manuscrita do ex xerente do PP galego a Luís Bárcenas na que, tras desculparse polo atraso, remitíalle a contabilidade oculta da formación en Galicia. Nos papeis intervidos o ex senador riscara o seu nome da tarxeta que lle enviou ao xerente galego para evitar que se lle puidese relacionar co coñecemento das devanditas operacións.

Estes novos documentos presuntamente roubados a Bárcenas na operación Kitchen corroboran as declaracións de Pablo Crespo na Comisión de Investigación no Congreso nas que suliñaba que o PP galego recibiu cartos en B e que, con eses mesmos cartos se lles pagou a xornalistas. Nestes documentos tamén habería anotacións persoais da muller do ex tesoureiro do PP, que corraboran pagos en B no PP de Madrid, Valencia e Galicia; os chamados papeis de Rosalía.

Ata agora, os medios xa foran publicando moita documentación dos coñecidos como “papeis de Bárcenas”. De feito, o home que manexou as finanzas do Partido Popular durante dúas décadas confesou que o método para camuflar presuntos donativos ilegais na contabilidade do PP consistía en fraccionar as achegas de empresas construtoras para darlles aparencia de legalidade. 

E COMO FOI ESA FINANCIACIÓN EN B EN GALICIA?

Obreiro de COPASA
Obreiro de COPASA

Unhas prácticas que tamén se deron no PPdeG cando Fraga era presidente da Xunta. Segundo a documentación incautada e as declaracións do propio Bárcenas, o entón xerente do PP galego, Modesto Fernández, remitiu en 2006, cando xa Alberto Núñez Feijóo era xa o presidente desta formación, documentación á rúa Génova para xustificar o elevado gasto da campaña autonómica de 2005, que perdeu Manuel Fraga.

Nese informe do xerente do PP galego deixabase claro que o as achegas recibidas en B eran de case 1.9 millóns de euros e figuraba, ademais, unha lista con 19 empresas, moitas delas contratistas da Xunta durante os mandatos de Fraga, e mesmo de Feijóo, e as súas presuntas doazóns ao partido.

AS EMPRESAS DOADORAS VINCULADAS COA CIDADE DA CULTURA

Entre as empresas que doaron diñeiro ao PP galego neses anos figuran varias que tiveron suculentos contratos na Cidade da Cultura, o complexo cultural que disparou os custes ata máis de 400 millóns de euros.  Así, aparece a construtora Copasa, que doou ao PP galego 380.245 euros. E, curiosamente, esta empresa levaría o contrato para levantar o Teatro da Música na Cidade da Cultura. Un contrato que repartiu 97 millóns de euros entre Necso, filial de Acciona, Entrecanales, Cubertas, Mzov, Obrascón Huarte, ademais de Copasa. A propia Necso tamén aparece como doadora de 100.00 euros ao PPdeG.

Tamén aparece Grupo Antonio Campo –un grupo de empresas da familia Campo, entre os que están o exalcalde popular de Ortigueira, Antonio Campo-- por valor de 200.000 euros. De feito, esta compañía estivo no centro da polémica por ser o adxudicatario de varias obras na Cidade da Cultura, a máis polémica, a de recubrir con cuarcita os edificios deste complexo, un material que, finalmente, houbo que importar de Brasil.  

FCC, da que foi presidente José Mayor Oreja, irmán do ex ministro do Interior con Aznar, tamén deu case 110.000 euros ao PP galego e Teconsa, con 120.000 euros. Estas dúas construtoras tiveron contratos cos gobernos de Feijóo e Fraga. Ademais, nos “papeis de Bárcenas” figuran outros pagos ao PPdeG como os de Antonio Ventoso (240.000 euros) Cortizo (222.000), Egasa (100.000), Bruesa (80.000), Invers Sanoa (77.850), ACS (60.000), Tojeiro (60.000), Espiña e Delfín (47.700), C.R.C. Ramón Carro (33.000), Seijo (30.000) e ITV Amador de Castro (4.000). 

Apunte sobre o PP de Galicia entregado por Bárcenas á Audiencia Nacional
Apunte sobre o PP de Galicia entregado por Bárcenas á Audiencia Nacional | Fonte: El País
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Deza forever

Moi curioso que o BNG non pregunte ao goberno que sosteñen en Lalín, tan ben relacionado con Pablo Crespo e compañía. Ou agora non interesa saber nada de financiamentos ilegais de peperos e ex-peperos cando se goberna con eles?

1 Maruxa de Cercio

O alcalde de Lalín foi cargo no PP? Non sabía...... a hemeroteca di que nunca foi nada en ese partido

2 Deza forever

Non, que vai, agora non foron nada no PP, que patético és. O que manda en Lalín é a mesma familia que crese Deus, que tivo un conselleiro que tamén foi alcalde de Lalín, con estatua e todo, conselleiro número dous do PP e que puxo a Pablo Crespo de número 3 do PPdG

2 Tino

Preguntade a frijolito. Seguro que sabe moito

1 Carrio

Preguntade ao alcalde de Lalín. Seguro que sabe algo.

1 Castrelo

Naquela época o alcalde de Lalín aínda debía estar na universidade. Deixades de flipar

2 Cirigaitas

De Universidade nada...era un tal Crespo.......a quén botouj do posto Cuiña jr.