Rescatan en Camariñas un enfermo que vivía entre "gran cantidade de lixo"

O afectado foi recollido "sen apenas forzas, desorientado, rodeado de botellas e espido".

Por E.P. | A CORUÑA | 20/11/2018 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto de Camariñas (A Coruña) informou de que procedeu á evacuación dun enfermo con síndrome de Dióxenes a quen os veciños levaban varios días sen ver. Os feitos sucederon despois de que unha veciña alertase á Garda Civil de que un home de Olveiroa-Dumbría levaba varios días sen recoller o pan.

Garda Civil
Garda Civil

Ante esta situación, os efectivos trasladáronse até o lugar, onde xa estaban os servizos sanitarios, que non podían acceder a onde estaba o enfermo debido a que vivía rodeado de "unha gran cantidade de lixo".

Unha vez no domicilio, os compoñentes da patrulla dispuxéronse a retirar todos os desfeitos que puideron coa finalidade de acceder até o home, con signos evidentes de estar "sen apenas forzas, desorientado, rodeado de botellas de ouriños e espido". Finalmente, púidose evacuar ao enfermo, con apenas 40 quilos de peso, até o Hospital Virxe da Xunqueira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 non e moito...

Non e nada eu lembro dun que vivía cunhas gaivotas e con carne podrida e excretas tiradas por todos lados, o lixo chegaba o teito as fiestras estaban rotas... tivo sorte que as gaivotas non lle sacasen os ollos... os cheiros eran auténticamente insoportables... os cheiros alcareaban meus!!! uns policías que entraron polas bravas sin porse mascarillas despois estaban vomitando ata a o pastel da primeira comunión... o truco e mascaras cun pouco de esterilium, pouco non se trata de envelenarse precisamente!- a parte branca para adentro por suposto!!!