Evacuado o tripulante dun veleiro que se lesionou mentres navegaba fronte a Cedeira

Efectivos de emerxencias rescataron ao afectado, que sufriu unha caída na cuberta do barco

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2018 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias rescataron na mañá deste xoves o tripulante dun veleiro que sufriu unha caída na cuberta do barco mentres navegaba fronte ás costas de Cedeira (A Coruña).

Salvamento Marítimo participa no rescate dun bañista en Muros (A Coruña).
Salvamento Marítimo participa no rescate dun bañista en Muros (A Coruña).

Segundo a información de Salvamento Marítimo, foi o Helimer 401 o que rescatou ao tripulante do veleiro Accord cando navegaba a 28 millas ao noroeste de Punta Candieira, na costa de Cedeira.

O tripulante resultou lesionado tras sufrir unha caída na cuberta. O helicóptero trasladouno até o aeroporto da Coruña, onde esperaba unha ambulancia para trasladalo ao hospital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta