Identifican ao home que abandonou oito cachorros de mastín nun monte de Padrón

O concello gastou 560 euros para desparasitar e identificar aos animais.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 23/11/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Guarda Civil do posto de Padrón, en colaboración coa Policía Local deste municipio coruñés, identificou a un home de aproximadamente 70 anos de idade ao que xa se lle levantou unha acta como presunto responsable do abandono de oito cachorros de can.

Cachorros de mastín abandonados en Padrón
Cachorros de mastín abandonados en Padrón | Fonte: Guardia Civil

A investigación comezou despois de que os animais, de raza mastín e dun tres meses de idade, fosen achados por un cazador no lugar de Cortiñas-Herbón. Posteriormente, os feitos foron denunciados por un concelleiro do Concello de Padrón.

A acción deste abandono causou ao consistorio un custo económico de 560 euros, debido a que é preciso desparasitar e identificar aos animais, entre outras accións, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil. Dos oito cachorros, catro xa foron adoptados e os outros catro atópanse en réxime de acollida temporal por voluntarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta