Ana Pontón acusa ao "macho-alfa Feijóo" de "esconderse detrás das mulleres”

A portavoz nacional do BNG lembra ao PP que "hai moitas manadas, hai manadas na política, nas institucións e na xustiza que están amparando a violencia contras as mulleres".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/11/2018 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, amosou a súa sorpresa pola rolda de prensa ofrecida pola secretaria xeral de Igualdade, tras o debate sobre violencia de xénero da última sesión de control, na que a líder do BNG denunciou que "'La Manada' non son cinco senón un sistema que consinte e tolera a violencia contra as mulleres".

A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG - Archivo
A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG - Archivo

“Estou sorprendida de que o presidente da Xunta dea instrucións á secretaria xeral de Igualdade para que monte unha rolda de prensa en defensa do macho-alfa Feijóo”, replicou Pontón, quen instou ao xefe do Executivo a "preocuparse menos de si mesmo" e a "implicarse na loita contra a violencia de xénero".

“Creo que o que ten que facer é preocuparse por defender os dereitos das mulleres, traballar para combater a violencia machista. Esa debería ser a prioridade da Xunta, da secretaria de Igualdade e do presidente”, recalcou.

Neste sentido, Pontón pediu ao presidente do PPdeG que deixe de agocharse detrás das mulleres: “O que me sorprende é que Feixóo se esconda detrás das mulleres en lugar de defender os dereitos das mulleres, cando o que nos ten que preocupar neste momento é o grave problema que hai de violencia de xénero”, recalcou.

Pontón insistiu na mesma denuncia que fixera na sesión de control. “Repito, 'La Manada' non son cinco, hai manadas nas institución, hai manadas na política e hai manadas na xustiza”, reafirmou, poñendo como exemplo a última sentenza do mesmo tribunal que xulgou o caso da 'Manada', na que se despacha cunha condena de dez meses de cadea o intento de acoitelar e estrangular a unha muller por parte da súa parella, alegando que era un feito puntual.

“Insisto, hai moitas manadas, hai manadas na política, nas institucións e na xustiza que están amparando a violencia contras as mulleres, e se a alguén lle molesta esta reflexión, insisto, creo que ten unha importante reflexión que facer, individual e colectivamente”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Poltronas

A mantenida dos machos alfa da U intentando dar leccións. Pa mexar...

2 arredista

PP e BNG, BNG e PP instrumentalizando a loita feminista e banalizando a violencia machista para os seus fins políticos e electoriais. Por enésima vez.

1 caralludo

100% de acordo

1 Braisiño

A Feijoo tráelle sen coidaddo o que faga ou pense a oposición. Ten mercada a prensa de Galicia, con diñeiro público, que é o que lle é rentable electoralmente. A pobre e patética oposición non tén nada que facer mentres non desmonte as noticias NODO compradas polo PP. Ollense os xornais de Galicia e verase que son un panfleto -pagado por todos- do PP. Alguén viu unha soa noticia ou artigo periodístico criticando a Feijoo por algunha cousa?

1 limico

Así é. Os medios de comunicación, escritos, falados, ou visuais están pagados cos nosos cartos, Pero ás ordes do PP.. É imposible ver unha crítica real ao goberno do amigo de Dotado.