Podemos domina a lista alternativa ao Consello de En Marea

A formación morada faise con sete dos 19 primeiros postos da lista, EU e Anova con catro e as mareas repártense tres. Estará encabezada polo exdiputado David Bruzos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 01:20

Comparte esta noticia

O sector crítico coa actual dirección de En Marea, agrupado na chamada Mesa da Confluencia, alcanzou un acordo para presentar unha única lista nas eleccións internas do partido instrumental que estará encabezada por un candidato de consenso, o exdeputado nas Cortes David Bruzos. Unha lista que dominará Podemos.

David Bruzos, cabeza de lista de En Marea por Ourense ao Congreso. EN MAREA/EUROPA PRESS - Archivo / Europa Press
David Bruzos, cabeza de lista de En Marea por Ourense ao Congreso. EN MAREA/EUROPA PRESS - Archivo / Europa Press

No lado contrario, os deputados Davide Rodríguez, Pancho Casal e Paula Verao acompañan a Villares na súa lista que está conformada, principalmente, por xente das mareas municipalistas, plataformas como SOS Sanidade, Cerna ou críticos de Anova.

Após manter conversacións mantidas ao longo da última semana, a última hora deste venres, día no que finalizaba o prazo de rexistro de candidaturas, pechouse un acordo entre Podemos, EU, Anova e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol; que se reparten os postos na lista para as eleccións internas que se celebrarán a primeira fin de semana de decembro.

Membros de Podemos Galicia, cuxa dirección acordou a pasada semana implicarse activamente no funcionamento do partido instrumental, o que lles levou a promover unha campaña entre os seus militantes que se inscribisen en En Marea, copan sete dos postos de saída da lista. Catro son para Esquerda Unida, os mesmos que para Anova, mentres que as mareas municipalistas de Santiago, A Coruña e Ferrol repártense tres.

O exparlamentario ourensán David Bruzos encabeza a lista dos críticos, que aspiran a desbancar a Luís Villares e os seus afíns da dirección do partido instrumental. O número dous da lista é para Oriana Méndez, militante de Anova e membro de Marea Vigo; seguida por Xan Xove, de Marea Atlántica, e Saínza Ruiz, de Esquerda Unida e Ferrol en Común.

No cinco figura Iván Rodríguez, tamén de Anova; mentres que o tres seguintes postos na lista son para membros de Podemos Galicia: Isabel Faraldo, o deputado no Parlamento galego Marcos Cal e Sigrid Campo.

René Gambilla (EU) ocupa o noveno lugar, Gladys Afosno (Anova), o décimo; André Seoane (Compostela Aberta), o décimo primeiro; a deputada Julia Torregrosa (Podemos), o décimo segundo; Borja San Ramón (Podemos); o décimo terceiro e Loreto Taibo de EU, o décimo cuarto.

Completan o vinte primeiros nomes da candidatura: Pedro Castro, Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Guillermo Crego (EU), Xiana López (Ferrol en Común/Anova), Víctor Ferreiro (Ourense en Común/Podemos) e Sara Outeiral (Nós Pobra/Podemos).

DAVID BRUZOS

David Bruzos (Ourense, 1979) pertence á contorna de Ourense en Común, candidatura municipalista que axudou a promover en 2015. En decembro dese mesmo ano encabezou a lista da coalición En Marea pola provincia de Ourense nas eleccións xerais, converténdose en deputado durante a curta lexislatura que derivou nunha nova convocatoria electoral medio ano máis tarde.

A caída de case 6.000 votos nas eleccións de xuño de 2016 respecto de decembro de 2015 fixo que Bruzos perdese a súa acta de deputado e se reincorporase ao seu posto de profesor nun instituto de secundaria ourensán.

Desde entón pasou a un segundo plano no espazo político de En Marea. Agora, o seu nome suscitou consenso entre os partidos e mareas que conforman o sector crítico do partido instrumental, que aspiran a facerse co control de En Marea nas eleccións internas da primeira fin de semana de decembro.

CENSO

Así as cousas, a nova composición do Consello das Mareas sairá das listas dos críticos e da dirección saínte, encabezada por Luís Villares, xa que ao peche do prazo de presentación de candidaturas foron as únicas en rexistrase nun proceso no que están chamados a participar os máis de 4.000 inscritos do partido instrumental.

O censo para poder votar no proceso tamén quedou pechado á medianoite deste venres. Así, segundo figura na web de En Marea, un total de 4.388 persoas formalizaron a súa inscrición no partido instrumental. Con todo, este número podería variar, xa que as inscricións deben ser verificadas e as recibidas a última hora incorporaríanse nos próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 uu1

Algum dia aprenderemos que uma força galega, tem que ser galega, e não ter tentáculos em Madrid. Mas isto era sabido por todos. Uma coisa é chegares a acordos com forças que não sejam do País e outra ser escravos do centralismo madrilenho, Em Marea não é diferente ao PSdeG or ao PPde G, pois dependem das decisões que se tomam em Madrid. Para quando um “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da Nosa Terra...” cita do Sempre em Galiza de Castelao.

7 RAMIRO DE YOLI

Podemos e Izquierda Unida, que presenta a Saínza RUÍN

6 soneu25N

Que o Podemita de Ourense encabece (paréceme natural, porque ten que mandar quen pon os votos), agora que David Bruzos vai no STEG ensino como segundo por Ourense, o Xan "Papaueixos" da CGT de correos e os de CCOO vaia todo na mesma empanada, parece que vai ter espiñas a cousa ... Alá vos, se vos presta ... Bon Appétit

1 comunista independentista

Vaia. Nunha candidatura de unidade popular hai xente de varios sindicatos. Que ocurrencia! Hai que facer coma no Bloque e estar todos no sindicato de traballadores que mande a Poltrona, que non traballou nunca.

2 soneu25N

"Aquí existe unha candidatura de unidade popular, de transversalidade, unha candidatura que non está pactada coa cúpula de ningún partido político, aquí non houbo repartición de sillóns....." Luís Villares, hoxe. Creo que tendes un pequeno problema co de Unidade Popular (o PP tamén é Partido Popular) e o das poltronas, e que estades precisamemte a discutir iso, as poltronas.

5 M. Vila

Os 'críticos' xa teñen desde marzo cartel, eslogan e canción para a campaña: https://www.lavozdegalicia.es/notic...

4 lóstrego

Reparto de poder, entre tres partidos. La nueva política llega para quedarse y para cambiarlo todo jajajajaja

1 Bernal Calvo Delaciga

A vella política tamén era o reparto de poder entre tres partidos: PP, PSOE e BNG. Repartían tan ben o poder, que tamén repartían a corrupción. jojojojojo

2 lóstrego

Logo non é unidade popular, senón coalición de partidos.