Unha colisión entre dous coches deixa catro feridos no Porriño

Un total de catro persoas resultaron feridas na PO-331, no municipio pontevedrés do Porriño nunha colisión entre dous coches á altura do punto quilométrico 1,500.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 23,30 horas do venres. As vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

Patrulla da Garda Civil na AP-9 no Porriño
Patrulla da Garda Civil na AP-9 no Porriño

Varios particulares alertaron do sinistro. Foron avisados, entre outros, 061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Porriño, Protección Civil e servizo de mantemento de estradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta