Achan un cadáver nunha praia do Grove

Un cadáver foi achado sobre as 10,00 horas deste sábado na praia de Raeiros, no municipio pontevedrés do Grove, segundo informaron diversas fontes a Europa Press.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/11/2018 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O corpo presentaba aspecto de levar varios días na auga, aínda que polo momento descoñécense as circunstancias do falecemento, informa a Garda Civil.

San Vicente do Mar, O Grove
San Vicente do Mar, O Grove

Fontes do servizo municipal de Emerxencias explicaron a Europa Press que foi un particular o que deu a alerta ao ver o corpo na praia.

Pasadas as 13,00 horas o cadáver fora levantado após acudir o forense. Até o lugar desprazáronse para colaborar, entre outros medios, Policía Local do Grove.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta