Villares: "A miña lista é soberana e non houbo pactos coas cúpulas de partidos"

Defendeu o carácter "galego" e "soberano", "comprometido", "feminista" e "activista" dun proxecto que está integrado "por homes e mulleres valentes que dan a cara". Fronte a el haberá unha lista de varios partidos liderada por Podemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Luís Villares reivindicou a "transversalidade" e a "pluralidade" da súa candidatura, presentada ao Consello das Mareas, na que "non houbo repartición de sillóns" nin pactos "coa cúpula de ningún partido", tratando así de marcar distancias coa rexistrada polo sector crítico, liderada polo exdiputado no Congreso David Bruzos, de Ourense a Común e próximo a Podemos. De feito, esta formación acapara a maioría de postos dunha candidatura na que EU e Anova quedan con catro postos e as mareas da Coruña, Santiago e Ferrol, con tres.

Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea
Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea | Fonte: Europa Press

Na presentación este sábado da candidatura denominada "Coidar a casa", en Santiago de Compostela, o xuíz lucense e actual portavoz de En Marea defendeu o carácter "galego" e "soberano", "comprometido", "feminista" e "activista" dun proxecto que está integrado "por homes e mulleres valentes que dan a cara".

"Aquí existe unha candidatura de unidade popular, de transversalidade, unha candidatura que non está pactada coa cúpula de ningún partido político, aquí non houbo repartición de sillóns, nin repartición de tarta nin repartición de pastel", remarcou, con "diversidade no territorial, o sectorial, no activismo, na representatividade dos partidos políticos", porque, segundo Villares, "aquí non se negociou por cotas de partido, aquí os partidos non deseñaron o conxunto da candidatura".

Arroupado por membros da súa candidatura, Villares insistiu en que o seu proxecto, co que tentará solicitar o apoio maioritario para manter a dirección do partido instrumental, centralizará os debates nunha dirección que expón "forte, decidido" e "sen tutelas de ningunha clase".

"Queremos que aquí se tomen as decisións e non en ningún outro sitio", subliñou Luís Villares, porque aínda que avoga por unha En Marea como "casa común con xanelas abertas e portas moi grandes", faino deixando caer "unha advertencia": "A casa de todos e todas pero coidada por nós mesmos, non aceptamos tutelas de ningún tipo".

"Como pode ser que veña alguén de fóra de En Marea a dicir a En Marea o que ten que facer? É inconcibible", agregou. Aínda que non quixo valorar o feito de que a candidatura alternativa se presentara case no límite temporal do prazo establecido, si suxeriu que a que encabeza "non tivo esa clase de problemas, porque non tiña que estar sometida a esas tensións".

A última hora do venres presentouse a candidatura liderada por Bruzos tras pechar un acordo entre Podemos, EU, Anova e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol.

O SEU FUTURO, EN MANS DO CONSELLO

Luís Villares mostrouse convencido de que o seu proxecto obterá un apoio "moi maioritario" nas votacións dos inscritos, que se realizarán entre o 1 e o 3 de decembro.

Con todo, no caso de que a súa proposta sexa superada pola lista encabezada polo exdiputado en Cortes David Bruzos, someterá o seu futuro político "ao Consello das Mareas, como non pode ser doutra maneira".

"POSITIVO" AUMENTO DO CENSO

Nos últimos días, o censo de inscritos que poderán votar ás eleccións internas no período establecido incrementouse en máis de 1.500 persoas, tras o chamamento de distintos sectores de En Marea.

Ante unha cifra que xa supera os 4.000 inscritos, Luís Villares limitouse a "dar a benvida" e valorar como "positivo o aumento do censo", como unha representación de que se "lexitimiza o proceso de participación".

E na mesma liña, tamén se pronunciou ante a maior implicación de Podemos na renovación de En Marea, tras o cambio na dirección, como "unha das mellores noticias das últimas semanas". En todo caso, puxo en valor que membros da formación morada tamén se sumaron á súa candidatura "sen ningunha tensión, sen ningún enfado e sen ningún tipo de loita de cota".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 4000 euros máis chofer

Que si Viyares pero ti fuches posto a dedo polos tres baróns partidistas así que a dedo debías aceptar a túa destitución e non prolongar o inevitábel. Podes volver xa ao posto de traballo ou vas ter que aturar de deputado raso o que queda de lexislatura

2 uu1

Algum dia aprenderemos que uma força galega, tem que ser galega, e não ter tentáculos em Madrid. Mas isto era sabido por todos. Uma coisa é chegares a acordos com forças que não sejam do País e outra ser escravos do centralismo madrilenho, Em Marea não é diferente ao PSdeG or ao PPde G, pois dependem das decisões que se tomam em Madrid. Para quando um “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da Nosa Terra...” cita do Sempre em Galiza de Castelao.

1 unmais

Pois para sermos un pais con 2500 anos,vamos desde que os gregos nons chamaron callaicoi, xa vai sendo tempo de que o tiveramos aprendido, o que non acredito es que persoas que se supon que xa o sabian, provenientes de partidos nacionaistas, voltan a cair no mesmo e lles den esta importancia a xente que formaba parte de grupusculos extraparlamentarios e sen ningun concello en Galiza, tipo EU ou Podemos, e fagan o ridiculo nas cortes españolas..en fin..parece que cando aprendamos xa vai ser tarde de mais

2 comunista independentista

O que non pode ter unha "forza galega" son pufos coa banca española e dependencias con La Voz como acontece co Bloque.

1 Faraldo

Pero xa pactaron Yoli Procesiones e o seu "amigo" TONÉ