Nova alerta amarela por fortes ventos e ondas no litoral

O aviso prolongarase durante as xornadas do martes e mércores, cando 'Diana' deixará refachos de máis de 80 quilómetros por hora e ondas de ata 5 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A borrasca 'Diana' deixará fortes ventos en Galicia durante as xornadas do martes e do mércores. O desprazamento desta borrasca dende o norte das Azores até Irlanda provocará que se active o aviso amarelo en todo o litoral galego.

O litoral galego estará en alerta amarela. METEOGALICIA
O litoral galego estará en alerta amarela. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

En concreto, Meteogalicia prevé este martes refachos máximos de vento que puntualmente poden superar os 80 quilómetros por hora na Mariña, onde a alerta amarela estará activada desde as 12,00 horas.

No noroeste da Coruña, activarase desde as 18,00 horas, con refachos máximos que puntualmente poderían superar tamén os 80 quilómetros por hora.

No litoral de Pontevedra e A Coruña, tamén o martes a partir das 12,00 horas, hai aviso amarelo por mar combinado do oeste con ondas de 4 a 5 metros.

Así mesmo, Aemet, ademais do martes, prolonga a este mércores 28 a alerta amarela a toda a costa galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta