O BNG reta a La Voz e a Feijóo: “Non imos rectificar nada”

Olalla Rodil foi contundente ao facer súas e de toda a dirección do Bloque as palabras de Ana Pontón, que acusou a Feijóo de alentar “manadas institucionais, xudiciais e políticas” e de ser un “macho alfa” dentro do PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/11/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Nós non temos nada que rectificar porque é unha verdade como unha catedral que hai manadas na política, nas institucións e na xustiza”. Olalla Rodil, vicevoceira do BNG na Cámara e membro da Executiva do Bloque non andivo con rodeos á hora de facer súas e de toda a organización nacionalista as críticas realizadas por Ana Pontón contra Feijóo.

“Como pode ser que estrangular a unha muller só se pague con dez anos de cárcere”, criticou Olalla Rodil que denunciou que o “sistema actual non garantiza para nada a seguridade da muller”. Por iso insistíu: “nós non temos que rectificar nada, como as milleiros de mulleres que saíron este domingo á rúa a denunciar a violencia machista”, dixo.

Foi a resposta do BNG a dous artigos publicados este domingo en La Voz de Galicia nos que se lle pedía á líder nacionalista que rebaixara o seu ton de crítica con Feijóo e lle pedira desculpas por vinculalo á “manada” e por dicir que era un “macho alfa”. Unha rectificación que o xornal coruñés vinculaba coa que xa tivera que facer a líder do BNG hai uns meses logo de que históricos dirixentes da formación, como Pilar García Negro –articulista dese medio--, criticaran unha campaña na que se utilizaba a palabra cona.

Rodil insistíu varias veces que o Bloque, nesta ocasión, e a pesar do que diga Feijóo ou La Voz, “non vai matizar nada” do que dixo a súa líder. “A manada non son cinco, hai moitas máis, nas institucións, na xustiza ou na política”, mantivo a número dous do BNG. Por iso, reclamou máis medidas e máis axuda por parte da Xunta para combater a violencia machista.

Tamén se referiu ao acto realizado onte por Feijóo, que liderou unha marcha de mulleres do seu partido e foi o voceiro dese acto --non unha muller--. "Nós estivemos coas centos de mulleres que saíron a rúa onte porque as protagonistas foron as mulleres", dixo. Ademais, destacou que o BNG leva defendendo os dereitos das mulleres desde que naceu e cualificou de “normal” que nesta organización sexan mulleres as que ocupan espazo de decisión nos órganos de dirección.

PEAXES

Por outra banda, a vicevoceira do BNG criticou duramente a medida anunciada pola Xunta esta fin de semana para baixar as peaxes das autoestradas de titularidade autonómica – a da Costa da Morte e a do Val Miñor--, das 00.00 ás 06.00 horas da mañá. “O que se hai que preguntar é canta xente circula por esas vías a esas horas”, dixo ao acusar a Feijóo de facer anuncios “de campanario”. “Iso non beneficia a ninguén ou case ninguén”, insistíu.

Ademais, lembrou que ao día circulan por esas dúas vías 814 camións –o anuncio da Xunta foi feito no marco dun acto da Federación Galega do Transporte-- e preguntouse cantos camións se beneficiarían desa medida e que poidan circular a esas horas da madrugada. Por iso, reclamoulle seriedade ao Goberno galego e que suprima as peaxes e “convoque de urxencia” a Comisión de Tranferencias en Madrid.

Ana Pontón e Olalla Rodil, do BNG, presentan propostas de resolución
Ana Pontón e Olalla Rodil, do BNG, presentan propostas de resolución

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 anonimo

Repetimos: a folla de ruta e a presencia constante de Pontón. Búscanse polémicas para tentar estar no centro de atención. Se funcionan, insístense. Se non, pásase a outras.

1 Per

Nesa folla de ruta o campeon é Pablo Iglesias e Rufian que conseguen estar a cada paso na 6ª