Temas: POBREZA LUZ VIGO

Ángel Rivas defende a legalidade na adxudicación da iluminación en Vigo do Nadal de 2016

A investigación sobre a adxudicación do alumado iniciouse logo dunha denuncia dun activista da Acampada contra a Pobreza.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/11/2018 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O concelleiro de Participación Cidadá, Parques e Xardíns, Comercio e Distritos do Concello de Vigo, Ángel Rivas, defendeu este luns a súa xestión na adxudicación da iluminación do Nadal de 2016, que está a ser investigada por parte do xulgado de instrución número 5 da cidade por un suposto 'fraccionamento' do contrato. Rivas compareceu ante a xuíza en calidade de investigado e, á saída dos xulgados, expresou o seu "respecto e colaboración total coa Xustiza".

Ángel Rivas, investigado polas luces do Nadal 2016
Ángel Rivas, investigado polas luces do Nadal 2016 | Fonte: Europa Press

Cuestionado sobre a súa xestión nestas adxudicacións, o concelleiro vigués proclamou que a defende "absolutamente". "E agora déixoos que teño que marchar para seguir preparando o Nadal deste ano, que é o que demandan os cidadáns", rematou, antes de abandonar o edificio xudicial. Ademais do concelleiro, tamén compareceron este luns os funcionarios A.C.C. (xefe da área de Servizos Xerais), A.E.C. (interventor) e L.G.A (tesoureiro), todos eles en calidade de testemuñas.

A investigación deses contratos iniciouse após a denuncia interposta por Juan Carollo, activista da Acampada contra a Pobreza de Vigo, na que se advirte da posible comisión dun delito de prevaricación administrativa, ao desagregarse en varios contratos a adxudicación da iluminación de Nadal en Vigo en 2016, despois de que unha primeira adxudicación (que ía nun só lote por uns 900.000 euros) quedara deserta.

TESTEMUÑAS

Os técnicos que compareceron este luns no xulgado de instrución número 5 xustificaron que "a lei permite" adxudicar a iluminación en diferentes lotes, sempre que non teñan vinculación técnica e funcional, xa que non se consideraría un fraccionamiento do mesmo contrato, e defenderon que non se cometeu fraude na tramitación dos contratos menores porque xa se cumpriron os requisitos de publicidade e concorrencia.

Así mesmo, explicaron que esa medida se adoptou pola "urxencia" xa que, unha vez deserto o primeiro concurso, o Concello atopouse con que, a finais de setembro, non tiña aínda contratado o alumeado do Nadal. A ese respecto, os funcionarios xustificaron que se adxudicase un contrato a unha empresa para a iluminación do centro da cidade, por 252.000 euros; e logo se asinaran até 18 contratos menores para a iluminación doutras zonas da periferia, porque "nada ten que ver a iluminación de Bouzas coa de Candeán", en alusión a dúas parroquias da cidade olívica.

No entanto, a acusación advertiu de que, no primeiro proceso de adxudicación, existe un informe do xefe de área no que advirte de que "non é posible a división en lotes" dese contrato, polos problemas de coordinación que podería haber entre os diferentes contratistas. Ademais, incide esta parte, o propio secretario municipal, que tamén está investigado nesta causa, "acepta os contratos menores, pero advirte de que, nas seguintes campañas do Nadal, hai que evitar a dúbida do fraccionamiento".

Temas: POBREZA LUZ VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta