Excesos verbais

Vivimos nunha sociedade á que moitos sociologos lle chaman líquida porque está en constante evolución e, nos tempos actuais, camiña a moita velocidade. Desta maneira o que hoxe é norma dentro de pouco tempo xa non ten valor, pois mudou e xa é prescindible.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 27/11/2018

Comparte esta noticia
Vivimos nun tempo cambiante  con novas formas de relacionarse; formas  que para moitos son un verdadeiro choque de trens. Novos conceptos aparecen na nosa vida facendo que as relacións sociais muden ate meternos na testa de que  aquelo que  hai pouco tempo  era norma de vida  agora non vale ren.  
 
A vida actual  camiña  soamente en base ós resultados económicos e polo tanto o mercantilismo obríganos  sempre a un  consumismo acrítico. A parte humana e social perde espazo e todo vai cara unha deshumanización un tanto asfixiante.  O importante é consumir, pois si así ao facemos, seremos máis felices, dinnos dende moitas medios e eslogáns publicitarios. Todo iste magma  en evolución crea tensións sociais  nun  mundo global moi complexo que camiña cara  grandes desigualdades.
 
Pois ben, todo iso refléxase na vida diaria. Refléxase na política e sobor de todo na linguaxe que empregan os representantes públicos. Verbas esaxeradas que buscan un titular sen mais.  Ser portada dos medios por un día parece o obxectivo. E así aplícanse nomes e adxectivos como; hai moitas manadas referíndose a un grupo político; Vostede é un golpista; vostede é un fascista ou precisamos homes heterosexuais para seren cregos como dixo un representante da Conferencia Episcopal.
 
Todo unha desmesura na linguaxe que amosa que os representantes políticos e os públicos  debian ser máis coidadosos á hora de poñer etiquetas ou facer iste tipo de declaracións. Falar desa maneira tan lixeira pode levarnos ó erro e  sinalar a todos os pertencentes a un grupo político como fachas, ou  golpistas. Tamén a aceptar, indirectamente, que ate de agora, todos os membros de tal o cal organización eran o que agora se quere correxir.
 
En fin, cando a esaxeración e a desmedida somente vale  para buscar un titular e ventaxas  electorais, estase a trasladar á sociedade parte da tensión que levan esas verbas. Ou sexa, falando en termos futboleiros, ándase a quentar  o partido. E xa se sabe que,  nunha sociedade na que as novas son case intantáneas, o asunto da lugar a falar sen ter a suficiente información e reflexión sobor de moitos  temas.  Polo que acontece,  como nas cantigas, que  co que  sempre nos quedamos é  co que máis se repite: o retrouso. E iso é moi negativo para o conxunto da sociedade.
 
Se o falar non ten cancelas, como di o dito, ter mesura cando se fala é unha virtude. E a día de hoxe, por mor de diversos intereses maiormente partidarios, hai moi pouco coidado co que se dí; sobor de todo cando sen argumentos nin razons previas, todo se resume nun adxectivo calificativo que interprétase coma  un insulto. Por iso, coidado cos excesos verbais que soamente traen tensión social e tortas maneiras de pensar nunha sociedade que se crispa a pasos axigantados.
 

Integrantes do grupo coñecido como 'La Manada', acusados de violar a unha moza nos San Fermíns
Integrantes do grupo coñecido como 'La Manada', acusados de violar a unha moza nos San Fermíns | Fonte: lasexta.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com