Alerta laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra este mércores

A partir do mediodía deste mércores na Coruña e das últimas horas da tarde en Pontevedra, espérase mar combinado do oeste, con ondas de entre o cinco e o seis metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que empeza este mércores, día 28 de novembro, nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Ondas xigantes nun gran temporal
Ondas xigantes nun gran temporal | Fonte: EP

Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste mércores na Coruña e das últimas horas da tarde en Pontevedra, espérase mar combinado do oeste, con ondas de entre o cinco e seis metros.

Debido a este fenómeno meteorolóxico que afectará a todo o litoral, a Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Así mesmo, lembra que os portos constitúen espazos de risco ante a alerta. Nestas contornas, débense evitar os percorridos polas instalacións de especial perigo, así como os percorridos en vehículo por zonas próximas e aparcar nas dársenas.

A Xunta tamén pide non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres ou outras edificacións que polas súas características poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta