Evacuan en helicóptero á Coruña un mariñeiro que sufriu un golpe en alta mar

O accidente aconteceu nun barco de bandeira española que faenaba a varias millas ao norte da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Un mariñeiro dun barco que navegaba en alta mar tivo que ser evacuado en helicóptero até o aeroporto da Coruña logo de sufrir un golpe no peito co aparello da embarcación.

Dispositivo de procura dunha persona desaparecida. SALVAMENTO MARÍTIMO
Dispositivo de procura dunha persona desaparecida. SALVAMENTO MARÍTIMO

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 15,30 horas deste martes nun barco chamado 'Albamar' de bandeira española que faenaba varias millas ao norte da Coruña.

Após recibir a chamada, Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero que, após recoller ao ferido, evacuouno ao aeroporto da Coruña, onde esperaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 para o seu traslado ao CHUAC.

ACCIDENTE EN VILABOA

Doutra banda, outro accidente laboral rexistrado en Vilaboa (Pontevedra) deixou un ferido que tivo que ser trasladado ao Hospital de Montecelo.

Ao redor das 12,45 horas deste martes, un operario sufriu unha caída desde un poste da luz situado no lugar de Cardiñas. O traballador foi evacuado ao hospital pontevedrés e durante o traslado estivo consciente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta