A economía galega crece ao 3,4% en setembro e"confirma" "leve desaceleración", segundo Abanca e Foro

No que vai de ano, a variable recollida no indicador que experimenta un maior crecemento é o consumo de gasolina e gasóleo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2018 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica experimentou un crecemento interanual do 3,4% no mes de setembro. "A cifra confirma a leve desaceleración detectada nos dous primeiros meses do terceiro trimestre", destaca o Foro Económico de Galicia.

Un surtidor de gasolina nunha estación de servizo
Un surtidor de gasolina nunha estación de servizo | Fonte: Economiadigital

Mentres, en termos intertrimestrales, o crecemento da actividade económica de Galicia tamén caeu unha décima, ao situarse no 0,7%:

Ao amparo da tendencia mostrada polo indicador no nove primeiros meses do ano (especialmente no terceiro trimestre), "todo apunta", segundo o Foro, que a contabilidade rexional que o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicará este xoves reflectirá valores "semellantes ou lixeiramente por baixo" aos do trimestre pasado (un crecemento interanual dun 2,8% e intertrimestral dun 0,6%).

No que vai de ano, a variable recollida no indicador que experimenta un maior crecemento é o consumo de gasolina e gasóleo. Pola súa banda, en termos interanuais (últimos doce meses) o mellor comportamento anótanllo as vivendas a construír. No lado negativo, o Foro destaca a "desfavorable evolución" da produción de vehículos turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta