Traballadores das ambulancias marchan en Santiago e responsabilizan á Xunta da súa precariedade

Reclaman melloras retributivas, máis prevención de riscos e acabar cos contratos "en precario"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/11/2018 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Ao redor dun centenar de traballadores do sector das ambulancias manifestáronse en Santiago para reclamar melloras retributivas e laborais. Respecto diso, o responsable de transporte da CIG, Xesús Pastoriza, acusou á Xunta de ser "a gran culpable" da súa situación, após máis de tres anos, segundo os seus datos, sen un novo convenio.

Manifestación de traballadores das ambulancias en Santiago
Manifestación de traballadores das ambulancias en Santiago | Fonte: Europa Press

En declaracións aos xornalistas, explicou que os profesionais reclaman á Administración autonómica "que medie" na negociación coa patronal e que "dote presupuestariamente os próximos contratos".

O sector está formado por uns 1.400 profesionais en toda Galicia, segundo Pastoriza, que demandan un incremento salarial aínda sen determinar.

"EN LOITA"

Tamén esixen avances na prevención de riscos laborais, polas peculiaridades do seu traballo, e "acabar" co "elevado número" de contratos "en precario", por exemplo baixo a fórmula de formación.

Este mércores, os traballadores marcharon polo centro compostelán, desde a estación de autobuses até San Caetano, onde se atopa a sede da Xunta, coreando consignas para advertir de que o sector está 'en loita' por un convenio 'digno'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta