Localizado nunha praia de Camariñas o corpo do mozo desaparecido hai un mes

Ata o lugar do achado desprazáronse membros da Policía Xudicial da Garda Civil, Policía Local e autoridades xudiciais e familiares do mozo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Un veciño que paseaba pola zona atopou na mañá deste xoves nunha praia de Camariñas o cadáver do mozo veciño da contorna de Santiago que desapareceu hai un mes mentres pescaba nesta localidade coruñesa.

Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Segundo confirmou  a alcaldesa da localidade, Sandra Insua, foi un veciño que daba un paseo o que atopou o corpo sobre as 10,15 horas deste xoves na Cala do Pindo, na zona de Portocelo.

O achado prodúcese ao día seguinte de que se cumprise un mes da desaparición do mozo, ao que se perdeu a pista o pasado 28 de outubro, mentres pescaba con cana nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte acompañado dun grupo dunhas 50 persoas.

A alcaldesa, que se atopa no lugar do achado, confirmou que até a zona desprazáronse membros da Policía Xudicial da Garda Civil, da Policía Local e autoridades xudiciais para proceder ao levantamento do cadáver, así como familiares do mozo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta