Feijóo intensifica as críticas contra Pontón: “É unha machista e unha sectaria”

“Buscar protagonismo a conta da violencia de xénero é o máis lamentable que teño visto en moito tempo”, di sobre as declaracións da líder do BNG que o acusou de ser membro de “manadas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2018 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta semella que non esquece as duras palabras que hai unha semana lle dirixiu a líder do BNG, Ana Pontón, e que xeraron un cruce de descalificativos e accións por parte de populares e nacionalistas e no que tamén se meteu o xornal La Voz de Galicia, que lle pedíu á voceira do Bloque unha rectificación. Unha rectificación que non chegou e que fixo que Feijóo aínda fora máis contundente ao acusar a Ponton de “machista e sectaria”.

Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta. XUNTA

“Son unhas declaracións desafortunadas. Equivocouse por buscar protagonismo”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, Feijóo lembrou que o 25 de novembro o protagonismo debía de ser para as vítimas da violencia de xénero. “E tentar buscar protagonismo a conta das vítimas é o máis lamentable que teño visto nos últimos tempos”, dixo.

E aínda foi máis alá nas súas acusacións á líder do Bloque. “E logo aínda saír a dicir que as mulleres do PP están para defender ao presidente da Xunta é unha declaración profundamente machista”, suliñou en alusión ás acusacións de Pontón que o cualificou como “macho alfa” do PPdeG. “Iso si que son declaracións profundamente machistas”, engadiu.

Por iso, pediulle a Pontón “menos sectarismo e máis traballo conxunto” para denunciar as conductas machistas “incluída a súa propia”. “E que agora semella que ser muller e ser do PP fora un pecado”, lamentou.

POLÉMICA

A polémica entre a líder do BNG e Feijóo xurdiu en sesión plenaria, cando Pontón o acusou de ser membro de “manadas”. Ela mesma afondou nestas críticas posteriormente ao suliñar que hai “manadas políticas, xudiciais e institucionais” e, lonxe de rectificar, como lle pedía o PPdeG e o seu líder, acusouno de ser “o macho alfa” da súa formación.

Isto provocou a intervención de varias mulleres cargos institucionais do PPdeG que, en rolda de prensa, criticaron duramente a Pontón e lle pediron que rectificara. Tamén La Voz de Galicia se sumou a esa petición de rectificación en dous artigos publicados nun mesmo día. Lonxe de rectificar, o BNG decidiu respaldar aínda máis as críticas da súa voceira. “Nós non temos nada que rectificar porque é unha verdade como unha catedral que hai manadas na política, nas institucións e na xustiza”, dixo Olalla Rodil o pasado luns.

Por outra banda, Feijóo cualificou de “radical” a campaña iniciada polo BNG que chamou a unha campaña na que di que “é hora de suprimir a Monarquía e dar por morta a Constitución”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 limico

Señor presidente. Vostede forma parte dun partido que coquetea co franquismo, que coquetea coa conferencia episcopal, que coquetea cos xuíces, que coquetea co machismo e que coquetea co narcotráfico.

2 Per

Machista és ti Feixoo cando lle dixeches que estaba necesitada.Nesta terra so ti podes insultr basandote na maioria españolista

1 Salgueiro

O máis lamentábel e formar parte dunha organización mafiosa.