En Marea denuncia "a exclusión" do caso das caixas galegas no ditame da comisión da crise financeira

A deputada Yolanda Díaz considera que o informe "está incompleto" porque "se recorta todo o relato de malas prácticas das entidades financeiras, entre elas as estafas aos cidadáns".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Yolanda Díaz denuncia "a exclusión" do caso das caixas galegas no ditame da comisión da crise financeira, que foi aprobado este xoves.

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

"Os estudos de caso en profundidade realizados sobre as caixas de aforro galegas, así como das catalás, valencianas e baleares, non foron incluídos nin mencionados especificamente no ditame final da comisión", sinala.

Ao seu xuízo, desta forma o informe "está incompleto" porque "se recorta todo o relato de malas prácticas das entidades financeiras, entre elas as estafas aos cidadáns".

Critica así que "non se fala apenas das preferentes, das hipotecas mal concedidas e moito menos dos desafiuzamentos". Por iso, En Marea reclama unha crítica "profunda e seria" a todo o acontecido "e un cambio de modelo".

Advirte ademais Díaz de que as malas prácticas "volven na banca". "Non aprendemos dos erros do pasado e agora ademais do diñeiro dos pequenos aforradores tamén están en risco os postos dos traballadores nos bancos", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta