Nova xornada de lume contra o peche de Alcoa na Coruña

Os traballadores secundan unha nova protesta con corte de tráfico e queima de pneumáticos nas inmediacións da empresa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/11/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña secundaron esta tarde unha nova protesta con corte de tráfico e queima de pneumáticos nas inmediacións da empresa.

Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos horas antes de iniciar a folga. M. Dylan/Europa Press / Europa Press
Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos horas antes de iniciar a folga. M. Dylan/Europa Press / Europa Press

A protesta iniciouse ao redor das 17,30 horas dentro do calendario de mobilizacións que están a levar desde o anuncio de peche. Fontes sindicais explicaron a Europa Press que a mobilización volverá repetirse ás 20,00 horas.

Ademais, o cadro iniciará, a partir das 22,00 horas deste xoves e até a mesma hora de mañá venres, unha folga de 24 horas para esixir o mantemento do emprego.

Unha parte dos traballadores desprazarase tamén este venres até a fábrica da multinacional en San Cibrao, en Cervo (Lugo) onde secundarán unha nova protesta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta