Un ferido leve ao chocar catro turismos en Vilagarcía

Unha persona resultou ferida leve nunha colisión entre catro turismos rexistrada a última hora deste xoves no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 30/11/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu pasados uns minutos das 19,00 horas na N-640, concretamente na rotonda que vai ao porto, onde chocaron por alcance catro turismos.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061, que atendeu a unha persona con lesións de carácter leve.

ATROPELO A UN CICLISTA

Por outra banda, sobre as 7,30 horas deste venres, o 112-Galicia recibía unha alerta por un ciclista atropelado na Avenida de Vigo de Pontevedra.

Até o lugar acudiron membros de Policía Local, así como os Bombeiros da cidade e efectivos de Protección Civil. O ferido foi asistido por persoal sanitario do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta