Prisión provisional sen fianza para un home investigado por agresión sexual e tráfico de drogas en Xinzo

Durante o rexistro do domicilio do deito incautáronse sete quilos de marihuana e material para plantación da mesma.

Por E.P. | OURENSE | 30/11/2018 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O xulgado de Xinzo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para un mozo investigado por agresión sexual e tráfico de drogas en Baltar (Ourense). Tamén se fixaron medidas de prohibición de comunicación e afastamento dos denunciantes.

Investigado por cultivar marihuana. GUARDIA CIVIL
Investigado por cultivar marihuana. GUARDIA CIVIL

Segundo informou 'La Región', trátase dun mozo do municipio de Baltar, de 24 anos, que foi detido o pasado mércores como presunto autor de dous delitos de violación a dúas menores de idade ocorridas ambas este ano, pero en momentos distintos.

A información de este mesmo xornal apunta que, durante o rexistro do seu domicilio, interviñéronse sete quilos de marihuana e diverso material para a plantación, crecemento e secado deste tipo de droga.

Ademais, segundo esta mesma publicación, os axentes investigaron se o mozo agora en prisión ameazou ás dúas menores de idade para que non contasen o que ocorrera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta