O PSdeG critica o beneplácito de Feijóo a que o PP pacte co partido da ultradereita Vox en Andalucía

Gonzalo Caballero, expresou este sábado que lle parece "sorprendente" que o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, "estea disposto" a que a súa formación pacte "con calquera" en Andalucía, "mesmo" coa formación de "ultradereita" VOX, para "botar aos socialistas" da Junta de Andalucía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2018 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, expresou este sábado que lle parece "sorprendente" que o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, "estea disposto" a que a súa formación pacte "con calquera" en Andalucía, "mesmo" coa formación de "ultradereita" VOX, para "botar aos socialistas" da Junta de Andalucía.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na roda. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na roda. PSDEG | Fonte: Europa Press

"Quérolle preguntar unha vez máis a Feijóo se el está de acordo con que o Partido Popular de Casado e Aznar estea disposto a pactar con VOX. O presidente da Xunta ten que definir a posición política do PP de Galicia na cuestión dos pactos da dereita coa ultradereita", remarcou.

Así o expresou Caballero, en declaracións aos medios, minutos antes de entrar a un acto de celebración do 40º aniversario da Constitución e do 140º da fundación do PSOE. Neste contexto, fixo un balance das "novas forzas políticas que emerxen nestes momentos" desde a "gran recesión económica" de inicios do século XXI.

Ante esta situación, alertou do "risco" que supón que formacións como VOX entren nas distintas asembleas lexislativas do Estado, posto que, segundo o definiu, o partido liderado por Santiago Abascal ten unha ideoloxía con "interpretacións falaces da realidade e con ideas retrógradas que tentan evitar o concepto dunha cidadanía moderna con dereitos e igualdades de homes e mulleres e dos inmigrantes".

Sobre este suposto pacto que se podería dar entre populares e VOX tras o resultado das eleccións andaluzas deste domingo, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, suxeriu este venres ao seu homólogo no PSdeG que "non se pode censurar" ningún acordo que "non está exposto" nin está "enriba da mesa".

Así, Gonzalo Caballero pediu a Feijóo "que lle diga a Tellado que aprenda a lección de definir se o PP é unha dereita moderna, democrática e avanzada" e "se rexeitan con claridade calquera tipo de diálogo, acordo ou pacto con forzas de dereitas que queren emerxer".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 uu1

A preocupação do secretário do PSdeG está com quem pacta o PP na Andaluzia. Será que não tenhem nem uma soia ideia ou proposta para a Galiza? A ineficácia de qualquer pessoa vesse quando em vez de fazer o seu trabalho, tenta fazer o de outros e finalmente, não faz nem um nem o outro.

2 Ruralex

Pois eu coido que tanto ten pactar con Vox como facelo con Bildu, ERC ou Junts per Cataluña. Polo menos, os de Vox non están por afundir España nin tiveron nada que ver cos da ETA.

1 Aburrido

Eres superlisto. Se cadra ata te pasas de listo, coidado. A ver se non estarás difamando co da ETA, que ten toda a pinta, pero como eres listísimo pois xa saberás ti. Eres tan listo que che parece ben o partido duin nacho que non cotizou nin un dia na SS e montou o seu chiringo anticonstitucional (O estado das autonomías é un piar da Const do 78 pero como eres o mais listo de todos, seguro q xa o sabías). Que teñas un bo domingo pero toma menos vermús, listo.

1 Gamela

gustaríalle máis se pactaran co PSOE de Susanita ? Ou está facendo propostas para un futuro bipartito en Galicia ? Se xulgamos ao PSOE polo Concello de Vigo teríamos que dicir que VOX xa está DENTRO na figura do Caudillo Local !!! https://cabozo.com/taboext.php?grup...