Un consorcio empresarial galego marcha a Portugal para procesar atún

Central Lomera Portuguesa prevé crear 200 novos empregos en Vilanova de Cerveira e producirá 20.000 toneladas de atún por ano. Esta empresa está impulsada polas galegas Marfrio e Atunlo. No polígono industrial dese concello das 40 empresas instaladas, 90% son de capital galego.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 04/12/2018 | Actualizada ás 08:15

Comparte esta noticia

A fuga de empresas galegas a Portugal nos últimos anos é constante. No Parque Empresarial privado do Fulão, en Vilanova da Cerveira, localidade fronteiriza con Tomiño, hai instaladas xa 40 empresas e, delas, 0 90% son de capital galego. Unhas empresas que dan traballo a 3.600 persoas e que tributan en chan portugués.

Un destes xigantes empresariais que se decidiu instalarse en Portugal é Central Lomera Portuguesa, unha factoría impulsada polas galegas Atunlo e Marfrio que dará emprego a 200 traballadores.

Esta nova fábrica foi inaugurada este luns logo dun investimento de 6,8 millóns de euros.  A nova planta de transformación de atún do grupo Marfrío -un dos principais procesadores e comercializadores de produtos ultraconxeados do mar en Europa- e Antunlo -sociedade cun volume de negocio próximo aos cen millóns de euros- ten previsto procesar ata 20.000 toneladas de atún ao ano que destinará aos mercados de Portugal, Norte de España, Francia e Italia.

Atunlo, con base loxística en Vigo, dá emprego en Galicia a 600 persoas e a 300 en Cabo Verde, onde ten unha factoría desde o ano 2014. Marfrío, inaugurada en Pontevedra en 1985, conta con tres factorías e dá emprego a 350 persoas.

Atún na lonxa de Vigo
Atún na lonxa de Vigo | Fonte: José Antonio Gil Martínez.

PARQUE EMPRESARIAL "GALEGO"

Dotada de "tecnoloxía punta a nivel europeo no sector da transformación de pescado", a nova factoría prevé facturar, por ano, cerca de 35 millóns de euros, e prevé chegar aos 50 millóns. A fábrica ocupa unha área de 4.500 metros cadrados no Parque Empresarial privado do Fulão, tamén impulsado con investimento galego.

De feito, o protocolo asinado en 2016 entre o goberno autónomo e a empresa propietaria do parque empresarial do Fulão, a galega Construcciones Gradín, dotou a este polígono con cerca de 40 hectáreas. Este protocolo determina que o municipio de Cerveira poida ser intermediario na venda dos lotes dispoñíbeis e a empresa, "garanta a dispoñibilidade dos terreos e concrete as posíbeis transaccións coa maior celeridade posíbel".

CRÍTICA DE SINDICATOS PORTUGUESES

Curiosamente, estas empresas marchan a Portugal logo de ser postas como referentes por parte da Xunta. Esta fuga de empresas galegas ten unha explicación. Para os sindicatos portugueses Uniâo Geral dos Trabalhadores (UGT) e Confederaçâo Geral dos Trabalhadores Portugueses (CGTP) trátase de deslocalizacións de empresas que abandonan Galicia en busca de "salarios baixos" e condicións laborais "máis precarias", e non polos incentivos fiscais ou o prezo do solo industrial, tal e como teñen denunciado en varias ocasións.

Feijóo de visita na factoría de Marfrio
Feijóo de visita na factoría de Marfrio | Fonte: Marfrio
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Estralampa

Deixade ir a isses depredadores do mar!!!

2 Pitito

E non hai protestas sentidas e sinceiras dos colaboradores da Coz de Galicia?? Iso é porque non hai bipartito, psoe ou bng polo medio. Se pasa durante o goberno do neno dos Peares, ben feito está...

1 Adeusnacionalismo.

Dumping e axudas ilegais do goberno portugués acaban coa economía galega, o suposto nacionalismo calado, falando dos 4 postos de traballo de fenosa de hai 40 anos.