Galicia é a terceira comunidade con máis mortos por afogamento en espazos acuáticos

No que levamos de ano, o número de falecidos por esta causa diminuíu un 21% a nivel estatal. Andalucía e Canarias seguen sendo os territorios nos que máis vítimas se rexistraron.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 03/12/2018 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O mes de novembro rematou cunha cifra de 14 mortes por afogamento en espazos acuáticos españois, o que eleva o número de falecidos por esta causa a 356 no que vai de ano. Segundo o Informe Nacional de Ahogamientos 2018, realizado pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, en Galicia finaron 44 persoas por este motivo durante o 2018, o que a sitúa como a terceira comunidade autónoma con máis vítimas após Andalucía e Canarias.

Praia. Europa Press - Archivo
Praia. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Os 356 falecidos a nivel estatal supoñen unha diminución do 21,8 por cento respecto dos falecementos rexistrados a 30 de novembro de 2017, cando había contabilizadas 455 mortes pola mesma causa. De acordo á federación, o descenso do número de falecidos no conxunto do ano pode atribuírse a que "as adversas condicións meteorolóxicas" nos primeiros meses deste ano atrasaron o comezo do uso dos espazos acuáticos.

Por comunidades autónomas, Andalucía mantense desde agosto como o territorio con máis falecementos, até entón fora Canarias. No total do ano, houbo 51 mortes en territorio andaluz, o que supón o 14,3 por cento do total.

Canarias ten rexistrados 49 falecidos, o 13,8 por cento, por diante de Galicia (44, que supón o 12,4%), Cataluña e Illas Baleares (41 mortes, 11,5% en cada territorio), Comunidade Valenciana (36, o 10,1%), Castela e León e País Vasco (14, o 3,9% en cada comunidade), Rexión de Murcia (12, o 3,4%), Asturias (11, o 3,1%), Aragón (9, o 2,5%), Cantabria, Castela-A Mancha e Comunidade de Madrid (8, o 2,2%, en cada rexión), Navarra (4, o 1,1%), Estremadura e Ceuta, (2, o 0,6%, cada territorio), e A Rioxa e Melilla (1, o 0,3%, cada unha).

O perfil da persoa que perde a vida por afogamento no medio acuático de España é a dun home (76%), de nacionalidade española (75%), con 65 ou máis anos (40,7%, que se eleva ao 67,1% a partir dos 45 anos), que falece nunha praia (45%) e, en todo caso, nun lugar que carece de vixilancia (82%), entre as 10 e as 18 horas (59,5%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta