Feijóo non descarta un pacto con VOX e di que é "un produto da esquerda"

Di que o auxe da extrema dereita ven polo "apoio do independentismo catalán, Bildu e Podemos" ao Goberno de Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/12/2018 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve en Vox "un produto dese disparate" que foi a moción de censura pola que Pedro Sánchez é presidente do Goberno co apoio do independentismo catalán, Bildu e Podemos, e pediu negociación en Andalucía para que se forme un executivo encabezado polo PP.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. PP
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. PP | Fonte: Europa Press

En declaracións á chegada ao Comité Executivo Nacional deste partido en Madrid, e preguntado por se o asusta un pacto con Vox, respondeu que o que lle dá medo é que Andalucía quede sen goberno, dada a "inestabilidade" do Executivo de Sánchez e a inexistencia, dixo, de goberno tamén en Cataluña.

De non ser así, medraría a desconfianza na democracia "e xa os españois poden votar calquera cousa", advertiu.

Na súa opinión, o resultado da formación de ultradereita é froito do Executivo de Sánchez, "dun Goberno de España sometido ao que digan os independentistas de Cataluña, sometido a Bildu", e tamén é un produto que o PSOE andaluz puxo "en valor" na pasada campaña electoral para tentar diminuír o voto ao PP. "É un produto, na miña opinión, basicamente da esquerda", sinalou.

Feijóo reiterou a necesidade de que as forzas que poden sumar falen para buscar unha alternativa ao goberno do PSOE, que sufriu "unha desfeita histórica". "Os andaluces merecen un goberno, votárono nas urnas, dixéronlle á esquerda que non queren que siga gobernando e hai unha opción clarísima para que haxa un goberno distinto ao que houbo desde que lembramos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 NonHaiGhuevos

Ai, que son o que son ninguén o dubida. Agora ben, se nese pacto os chalaos de vox din que nin un euro mais para o galego coma condición sine qua non..que van dicir na corte de sabón, onde chegan non poucos cartos para "la promoción que no imposisión del gayego"? O noso alberto vai ter o valor de se impoñer ou vai ser, coma sempre, o último en dicir o que todos sabemos?

1 Fendeferro

A culpa do de VOX é do bipartito.

1 acabezanonpara

Exacto. Do bipartito e da imposición (xD) do galego.