O alcalde de Santiago pide "diálogo" para poder votar como vía para resolver o conflito en En Marea

Martiño Noriega declara que a ruptura do partido non pode ser unha opción sobre todo pensando que é unha situación inexplicable para a sociedade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2018 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), asegurou que a resolución do conflito aberto en En Marea pasa pola apertura dun "diálogo" entre os dous sectores enfrontados e que se leve a cabo "unha votación" algo que, nestes momentos, está paralizado por presuntas irregularidades no censo.

Martiño Noriega E David Bruzos
Martiño Noriega E David Bruzos | Fonte: Europa Press

A preguntas dos medios este luns na capital galega, Noriega negou que En Marea estea abocada a unha ruptura após o acontecido nunha última semana na que os dous sectores --os afíns a Luís Villares e o sector crítico, no que se inclúe Compostela Aberta-- avivaron as súas diferenzas até o punto de cruzar reproches de "fraude" e ameazas de recorrer aos tribunais.

"Para nada, non pode nin debe ser unha opción. A situación evidentemente é pouco edificante e ten unha difícil explicación na sociedade", asegurou o rexedor compostelán, que cre que o conflito "hai que resolvelo con diálogo e cun horizonte de votación".

Con todo, volveu a insistir en desligar o que acontece no espazo político a nivel galego coa realidade que viven as mareas municipalistas, que encaran os últimos meses antes da cita coas urnas do próximo mes de maio. Para Noriega, que apoiou publicamente a lista 'Entre Todas' de David Bruzos, a "dinámica" de En Marea "non é mimética" ás mareas locais que, di, teñen "un funcionamento moi bo". Con todo, recoñece que a situación "é pouco edificante e iso nunca sae gratis".

Así as cousas, a cabeza visible de Compostela Aberta, a marea que iniciou os movementos que derivaron na creación da Mesa da Confluencia que, á súa vez, deu orixe á candidatura do sector crítico; evitou responder a máis preguntas sobre a situación que atravesa En Marea. "Non teño máis que dicir que o que acabo de dicir", asegurou á pregunta de se se cre inevitable que as diferenzas se resolvan nos tribunais após apelar á "responsabilidade" dos actores do partido instrumental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Gamela

iso de que as mareas locais teñen un bo funcionamento... seguro que non se atreve a dicilo en Vigo! https://flic.kr/p/2cQ4ewW

4 Xanc

E dálle co “mimético”! Deberon de aprender ese vocabulario baleiro de contido na Complutense. Falan tod@s igual. Parece que lles encanta escoitarse

3 Ferriño

Mariño é o Capitán Araña

2 Alpinista

O irresponsable pide responsabilidade, coa súa dinámica constante de atizar contra Villares, apostando por Bruzos polo mimetismo con Podemos (favores inconfesables que se agradecen). O diálogo vai vir cando perdas a alcaldía de Compostela. E non vou dicir más nada, que para bo entendedor...

1 comunista independentista

Ese é o obxectivo do golpismo villarista, que as mareas perdan as alcaldías. Cada día está máis claro.

1 Pucha morada

O próximo día faremos un dicionario Noriega-Galego, Galego-Noriega