Pablo Iglesias esixe ao Goberno que non deixe "tirados" aos traballadores de Alcoa

O secretario xeral de Podemos pide a Pedro Sánchez que interveña as factorías e reciba aos traballadores

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/12/2018 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, instou ao Goberno a "non deixar tirados aos traballadores" e a "intervir" as fábricas da Coruña e Avilés (Asturias) para "protexer o sector industrial", en liña coas demandas do comité de empresa coruñés.

Pablo Iglesias visita aos traballadores de Alcoa na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA
Pablo Iglesias visita aos traballadores de Alcoa na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA | Fonte: Europa Press

Fíxoo coincidindo cun encontro celebrado, sen convocatoria previa aos medios de comunicación, cos traballadores da planta da Coruña. A el, asistiron tamén representantes de En Marea no Congreso como Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino ou no Parlamento galego como Manuel Lago.

En declaracións aos xornalistas, Pablo Iglesias manifestou que os traballadores "están a dar un exemplo do que é defender a democracia". "Sen defender a industria, non hai patria para ninguén", insistiu ao demandar medidas para garantir estes empregos. Por outra banda, manifestou que o Goberno "ten a obrigación de facer o mesmo que están a facer outros países como Italia ou Alemaña que é protexer o seu sector industrial".

PROTEXER O SECTOR INDUSTRIAL

"Ten que intervir para protexer o seu sector industrial cumprindo o que di a Constitución", sinalou en coincidencia coa demanda do comité de empresa da Coruña, que expuxo intervir as fábricas afectadas polo peche aplicando o artigo 128 punto 2 da Carta Magna. Por outra banda, Pablo Iglesias rexeitou o argumento da falta de rendibilidade e incidiu en que hai "demanda de aluminio", mentres instou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a recibir aos traballadores.

"Por dignidade democrática", manifestou o dirixente de Podemos, para quen non hai "escusa" para non recibir aos traballadores. "Un goberno responsable debe protexer ao sector industrial e aos traballadores", recalcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta