Ana Miranda critica o peche da instrución do Alvia "sen profundar nas causas do sinistro"

A eurodeputada cre que ademais das responsabilidades técnicas tamén existen responsabilidades políticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2018 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, lamentou que o xuíz instrutor do accidente do Alvia pechase a fase de instrución "sen investigar a fondo as causas do accidente". "É curioso que o xuíz propoña a apertura de xuízo unicamente contra o maquinista do tren Alvia e contra quen no seu momento foi director de Seguridade na Circulación de Adif", manifestou Miranda.

Ana Miranda MEP no Parlamento Europeo, Bruxelas, 28 de febreiro 2018. DA / DELMI ALVAREZ / Europa Press
Ana Miranda MEP no Parlamento Europeo, Bruxelas, 28 de febreiro 2018. DA / DELMI ALVAREZ / Europa Press

A eurodeputada considera que, ademais das responsabilidades técnicas na desconexión do sistema de seguridade, tamén existen "responsabilidades políticas, máis aló de que se lle poidan botar a Cortabitarte por desconectar o sistema de control de velocidade dos Alvia un ano antes do accidente".

Así, a eurodeputada do Bloque considerou que "sería necesario que decidise chegar a fondo da cuestión e investigar por que non se realizou a avaliación de riscos", tendo en conta que o xuíz considera que Cortabitarte autorizou a desconexión sen realizar previamente unha avaliación do risco que se podía inferir. A xuízo da eurodeputada, a investigación "queda coxa". Por iso, apuntou que podería "avanzar" se se citase a comparecer ao director da Axencia Ferroviaria Europea (ERA), Josef Doppelbauer, e ao xefe da unidade de Seguridade Ferroviaria, Christopher Carr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta