Prisión provisional sen fianza para os dous detidos por unha suposta agresión sexual en Lugo

O xulgado tamén ditou orden de afastamento e prohibición de comunicación con respecto á denunciante.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/12/2018 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Os dous detidos como presuntos autores dun delito de abusos sexuais, con agresión sexual, a unha moza de 25 anos na noite do venres ao sábado en Lugo quedan en prisión provisional comunicada e sen fianza.

Noite de marcha
Noite de marcha | Fonte: EP

Diso informaron, tras o seu pase a disposición xudicial, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Ademais da prisión provisional comunicada e sen fianza, tamén se decretou para ambos as medidas de afastamento e prohibición de comunicación con respecto á denunciante.

O caso queda agora pendente de novas dilixencias e levarao o Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, ao que lle corresponde segundo a data na que se rexistraron os feitos. Os homes foran detidos este domingo despois de que unha moza presentase unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional.

A moza manifestou, segundo apuntaron fontes policiais, que estivo no centro "de copas", e ás 3,00 horas, sen lembrar "nada", apareceu na habitación dunha pensión da zona centro da cidade de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta