Baixan en 3.327 as afiliacións á Seguridade Social en novembro

A baixada é un 0,33% , menor que no conxunto do estado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A Seguridade Social perdeu en novembro en Galicia unha media de 3.327 afiliados, o que supón unha caída do 0,33%, por encima da baixada da media estatal, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo.

Oficina do Inem
Oficina do Inem | Fonte: EP

Deste xeito, os cotizantes da comunidade sitúase nun total de 1.009.871 persoas. Por provincias, o penúltimo mes do ano rexistrou descensos en todas, sobre todo, en termos absolutos, en Pontevedra, con 1.731 afiliacións menos (-0,49%).

En Lugo, a redución foi de 883 afiliados (-0,72%); en Ourense en 612 persoas (-0,59%) e na Coruña contabilizouse unha media de 101 cotizantes menos (-0,02%). Con todo, en variación anual, respecto ao mesmo mes de 2017, a Seguridade Social suma 20.714 afiliacións máis, o que representa un incremento do 2,09%).

A repartición por réximes en Galicia é o seguinte: 776.565 afiliacións no xeneral (744.227 no subtipo xeral, 5.362 no agrario e 26.977 no fogar), 211.565 autónomos e 21.741 no sector do mar.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a Seguridade Social perdeu en novembro unha media de 47.449 afiliados (-0,25%), empeorando os rexistros de 2016 e 2017, até situarse o total de ocupados en 18.945.624 cotizantes.

Nos dous anos anteriores, a afiliación tamén baixou en novembro, aínda que en menor cantidade. Así, en 2016 reduciuse en 32.832 persoas e en 2017, en 12.773 cotizantes. Por contra, en 2015 e 2014 rexistráronse aumentos despois dun período (2008-2013) de fortes descensos da ocupación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta