Os reintegracionistas ábrenlle a porta ao binormativismo

A Agal (Associaçom Galega da Lingua) aprobou na súa última asemblea unha modificación da política lingüística: apostan pola convivencia do modelo reintegracionista coa actual normativa oficial do galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

"É possível, e até benéfico, o convívio de dous modelos gráficos para o galego, um mais local (identificado com a atual normativa oficial do galego) e outro internacional (identificado com a proposta reintegracionista)". Así explica a Agal (Asocciaçom Galega da Lingua) o seu cambio de estratexia lingüística, aprobada na asemblea celebrada esta fin de semana na cidade de Pontevedra. Agal aposta, entón, polo binormativismo.

Asistentes á asemblea da Agal
Asistentes á asemblea da Agal | Fonte: Agal

Este troco levouse a cabo cunha maioría conformada por 25 votos a favor e catro abstencións, logo de que o texto presentado polo Consello de Agal fose emendado polos socios e socias. Este documento recolle a idea de que "seria possível umha política linguística destinada a aproveitar em favor do idioma as diferentes posturas que existem" e entende que "nengumha delas vai desaparecer e que todas podem ter vantagens". 

Eduardo Maragoto, presidente do colectivo, explicou que deste xeito a asociación procura apostar pola tolerancia lingüística e por xuntar forzas a prol do galego, nun momento de "crise da transmissom geracional".

Unha vez aprobada esta proposta, trasladaráselle a outros colectivos e institucións --sobre todo aos contrarios ao reintegracionismo-- co obxectivo de barallar alternativas e posibles mellorías do proxecto. A Agal busca "ampliar o público alvo, de maneira a mais pessoas se atreverem a opinar sobre o interesse da convergência com o português, sem pontos de partida ou de chegada categóricos". Asemade, pretenden seguir facendo máis visible a corrente do reintegracionismo

EN QUE CONSISTE O BINORMATIVISMO?

O binormativismo baséase na igualdade legal de dous modelos gráficos para a mesma lingua. Neste caso, sería un modelo máis local e outro "compartilhado com un ou vários estados vizinhos". 

A Agal pon de exemplo a Noruega e Luxemburgo, dous países onde isto xa está a funcionar. No primeiro caso, por exemplo, conviven dúas normas consideradas formas da mesma lingua norueguesa. Trátase da bokmål, mais próxima á língua dinamarquesa e a nynorsk, elaborada a partir dos dialectos occidentais do país. "Todos os cidadãos têm de conhecê-las de forma passiva, mas cada pessoa e cada Administraçom pode usar a que entender", resaltan dende a Agal. Xustamente iso é o que defenden eles no caso galego: que tanto o modelo reintegracionista como o que se axusta á actual normativa sexan difundidos, para que logo cadaquén escolla cal empregar.

Coidan que, de aplicar o binormativismo, Galicia "fomentaria a colaboraçom das posturas autonomista e reintegracionista, salientando o que ambas podem ter de benéfico para o galego". Ademais, cren que este novo panorama mellorará as relacións futuras con Portugal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 luiz

A proposta foi lançada em aberto e a debate público, ver-se-á o percurso, as parceiras e o consenso que consiga atingir. É tempo pois de debater e procurar um consenso social arredor de direitos iguais para todas, fim da censura por questões normativas, livre circulação da língua comum. Também do direito dos utentes a opinarem e mudarem o percurso oficial e a condicionarem o discurso público sobre a língua. A língua é também dos utentes e não só dos poderes. Cheguemos a acordos inclusivos. Pois: "O galego ou português é a língua da Galiza." Mas como conciliar isto com os atuais poderes, discursos e grupos de galegofalantes? Como obter mais direitos e acumular capital humano unido no mesmo projeto comum? Eis uma proposta. Melhorável Se se apresenta como se diz para ser debatida, debatamos pois.

7 o'sanma

Se, graças à proposta da AGAL, os espanholistas passam a escreverem em galego ILG-RAG (embora só seja para deostá-la), já teremos conseguido mais do que nada! ;)

1 GqZX

Os ultrasderitistas están máis no lusismo que noutra parte.

6 Solovio

Magnífica proposta, nem luitas nem insultos: diálogo e colaboração entre todas as pessoas comprometidas com a nossa língua. Força!

5 GZM9

Na idade media o galego non era portugués, nin se usaba o nh, agás as cantigas galegas que están en códices portugueses.

1 anonimo

No comezo era galego (de Gallaecia), como era castelán (de Castela). Despois, pola expansión territorial, levou o nome de portugués e de español. Seguro que ti entendes o do español mentres negas o do portugués, por que será? Menos mal que non es racista...

2 EuPT

O galego nunca foi portugués, por moito que inventes.

4 Catro gatos

No século XXI ideas supremacistas coma o lusismo, non teñen cabida. Son producto de Tempos pasados, cando había idiomas imperiais e pobos sometidos. Linguas en A e en B.

1 Sentidiño

Qué lle pasa á xente en 2018 co supremacismo? A palabra non se usa desde Atlanta, "a Fuga de Alcatraz", ou "Ragtime",... E agora val pra todo! Misturala no debate da normativa é simplemente unha parvada.