A taxa de cobertura por desemprego sitúase no 53,7% en outubro en Galicia

Nese mes contabilizáronse 35.185 solicitudes de prestacións por desemprego. O gasto desembolsado para tal fin na nosa comunidade foi de 68,88 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2018 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A cobertura total do sistema de protección por desemprego situouse en outubro en Galicia no 53,7%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo.

Gráfico da evolución do paro en Galicia. EPDATA
Gráfico da evolución do paro en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Esta porcentaxe calcúlase como o número de beneficiarios de prestacións por desemprego, que en outubro de 2018 alcanzou as 83.085 persoas, dividido entre a cifra de parados dese mes (cando había 169.744 galegos no desemprego) unha vez descontados os correspondentes ao colectivo sen emprego anterior (14.996).

Os datos de prestacións sempre van cun mes de atraso respecto das cifras de paro. Por iso, Traballo publicou este martes as cifras do gasto en desemprego de outubro e os datos de paro de novembro.

Pola súa banda, os gastos de prestacións por desemprego situáronse nuns 68,88 millóns de euros na comunidade galega en outubro, fronte aos 71,2 millóns do mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso do 3,26%.

SOLICITUDES

En outubro contabilizáronse en Galicia 35.185 solicitudes de prestacións, das cales 20.241 se corresponden a prestacións contributivas e 13.332 subsidios.

En canto ás altas, realizáronse un total de 34.302, cun prazo de recoñecemento medio de 0,9 días e, en maior medida, relativas a prestacións contributivas (19.838).

A distribución dos beneficiarios estranxeiros na comunidade é de 1.442 comunitarios e 1.866 non comunitarios, o que dá un total de 3.308 persoas procedentes doutros países que perciben estas axudas en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta