Feiraco, 50 anos de compromiso e cooperativismo

Máis de mil socios celebraron a efeméride en Brión nunha cea baixo o lema ‘Feiraco, 50 anos camiñando xuntos’.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O presidente de Feiraco, José Montes, e o director xeral de CLUN, José Luis Antuña foron os encargados de darlle a benvida aos cooperativistas reunidos/as agradecendo o seu traballo, confianza e fidelidade. A continuación houbo unha gran cea,  proxectouse un vídeo histórico e non faltou a música nin o humor coa presenza dun coñecido humorista.

Discurso de José Luis Antuña. Fonte: Feiraco
Discurso de José Luis Antuña. Fonte: Feiraco

Este encontro pecha a campaña que se organizou co gallo do 50 aniversario que chegou este 2018. Destacaron neste sentido, o evento institucional do pasado 22 de outubro no Hostal dos Reis católicos, con máis de 300 persoas, e outras accións como a impresión de publicacións conmemorativas e campañas promocionais en diversos medios de comunicación.

Actualmente mantén activa un curios0 concurso na rede social Facebook baixo o título #RetoFeiraco50anos. Nel fanse preguntas sobre a cooperativa e sortéanse premios semanais entre os que acerten. A desta semana é a seguinte “En que ano comezaron a comercializarse os primeiros briks de Feiraco e chegaron ás casas dos consumidores?”

Líder do sector lácteo galego

Feiraco é un exemplo de como se pode pasar dunha cooperativa social a unha empresa cooperativa competitiva e eficiente sendo a día de hoxe o maior proxecto agrogandeiro galego e un dos principais a nivel estatal. Cunha evolución constante, e sempre apostando pola innovación, soubo consolidarse no mercado lanzando unha nova marca, Únicla, e acadando no 2009 o I Premio Europeo á Innovación Cooperativa.

Cea de confraternidade dos socios
Cea de confraternidade dos socios | Fonte: as. Fonte: Feiraco

No 2013 nace o grupo Mulleres de Seu, iniciativa que traballa para o empoderamento da muller e a súa capacitación persoal e profesional, e a finais de 2016 liderou, de novo, o sector cun gran proxecto de integración con outras dúas cooperativas de referencia en Galicia (Os Irmandiños e Melisanto) dando lugar ao nacemento de CLUN. Actualmente conta coa certificación AENOR en Benestar Animal para as súas granxas de Únicla, sendo pioneira en Galicia.

O pasado ano 2017, a cooperativa revolucionou o mercado co seu novo envase Elopak, os primeiros envases certificados en Carbón Neutral. Ademais de cómodo resulta innovador e sustentable co cal onvértese así na primeira láctea que certifica con AENOR a pegada de carbono do leite, sumando así un novo logro na súa RSE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta