Antón Sánchez pide unha data para votar "con garantías" no proceso de En Marea

Recoñece que aínda que se vote "con garantías" non se solucionará o problema de división que existe actualmente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2018 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, reclamou que se fixe unha data para a celebración das primarias aos órganos de dirección do partido instrumental e que as votacións se realicen "con garantías".

O deputado de En Marea Antón Sánchez. EN MAREA - Archivo
O deputado de En Marea Antón Sánchez. EN MAREA - Archivo

Así se expresou a preguntas dos medios este martes nos corredores do Parlamento de Galicia, onde se referiu á crise aberta en En Marea tras a paralización das primarias e o conflito entre os sectores que rivalizan desde hai dous anos no seo do partido instrumental.

O portavoz nacional de Anova, partido cuxa dirección apoia ao sector crítico que se presenta ao proceso interno baixo a candidatura 'Entre Todas', recoñeceu que o acontecido nos últimos días "non é bo", aínda que evitou pronunciarse sobre se as posturas entre ambos os bandos son irreconciliables e poderían afectar o Grupo Parlamentario.

"O que pasou non é bo. O responsable é limitarnos a pedir que haxa unha solución rápida para que se poida votar. Neste momento, é o responsable que hai que facer", apuntou, para logo insistir en que ir máis aló de "demandar" unha data de votación "con garantías" non contribúe a "darlle unha solución satisfactoria a esta situación".

Cuestionado sobre se cre que o Grupo Parlamentario pode repetir episodios como os vividos na pasada lexislatura con AGE - Antón Sánchez era deputado-- cando varios dos seus membros acabaron no Grupo Mixto, o dirixente nacionalista asegurou que "non é responsable falar de hipóteses" neste momento pero que, a nivel persoal, afirma saber "diferenciar as dúas situacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 comunista independentista

Facía falla máis xente traballadora e do pobo coma Antón. Máis antóns e menos villares, pontonas, caballeros e vividores varios. A única altertativa a Feijóo e os seus tres pepés: PP, Cs e Vox.

6 Gamela

Votar é sinxelo o difícil é cumprir o que se promete ! Logo dos resultados andaluces a autocrítica debera chegar ás cúpulas dos Partidos (instrumentais ou non) e ter moi claro que non estamos para máis brindis ao sol... https://i.gal/gamela15 Que ao día seguinte das votacións internas o primeiro que deben facer é publicar no portal de transparencia AS CONTAS CLARAS e cumprir coas obrigas tributarias tódolos cargos institucionais de En Marea (tanto en Galicia coma en Madrid!) https://cabozo.com/taboext.php?grup... Se non se fai así... os resultados electorais serán un desastre para esta esquerda que se está a comportar coma calquera dereita neoliberal de pacotilla! https://i.gal/gamela05

1 lóstrego

Ti aínda cres nos biosbardos

2 Gamela

Eu o que creo é na "responsabilidade" dos cargos públicos da "esquerda" ! Se na esquerda vale todo, entón non hai diferencia algunha coa dereita máis ultramontana! Vivimos momentos moi fodidos nos que a DESIGUALDADE está rompendo calquera posiblidade de consenso... Non creo que sexa moito pedir algo de COHERENCIA !!!

5 twuj

Se os tafures golpistas do cerna-villarismo non volven facer das súas vaise votar do 15 ao 17 de decembro: https://www.abc.es/espana/galicia/a... Paréceme ben que se asine a paz para que se permita votar, pero despois das votacións haberá que facer unha boa limpeza neste espazo político: tránsfugas, cernas, infiltrados, trileiros, golpistas, mariopalleiros... non poden estar na unidade popular lixándoa, rebentándoa e sabotándoa dende dentro. Que se vaian para o BnG/CxG, o autonomismo acolle autonomistas cos brazos abertos.

1 Ceboleiro

Sobra unto, dicia o Bautista fai pouco. E faltan máis españoles e mucho españoles. De Galapagar ao parecer. Son fantásticos...

4 arredista

A única opción de cambio en Galiza pasa por recuperar En Marea como espazo de unidade popular, e para iso é esencial derrotar a ese cancro que é o villarismo nocivo, golpista e trampulleiro. Falou o Antón e falou ben. Votaremos e botaremos (a Villares).

1 sermos mantidos

E despois de botar o Villares poñemos o Antonciño de líder no Parlamento de Galiza, e ao Arredista de asesor-recadeiro para transmitirlle as ordes que cheguen desde o Cuartel Central situado en Galapagar de la Sierra (Madrid). E, todos felices, comeremos perdices sen desplumar.

2 Ceboleiro

Fáciles de descubrir en campaña: IU+PODEMOS+ 3 gaiteiriños con moito bombo. Ou pensades que @s outr@s son parvos. Que non saben que veñen facendo no parlamento de Madrì. Que non vimos a vergoña da negociación dos “orzamentos” que ainda non son para o paìs. Nin marea nin tonterías, un regueiro pequeno. E que nos queredes meter os dedos nos ollos. E os alcaldes van ben. Moi atinados. Portentosos. Especialmente o de Compostela.

3 LKI

Madrí, Madrí, Madrí, Madrí, Madrí, Madrí, Madrí, Madrí,... a obsesión da troleada bloqueira. Botando pestes contra “Madrí” non hai que facelo contra España, que é quen mantén a golpe de subvencións ao politburó de vividores pontonistas.

3 lóstrego

Tempo hai ho, devagar. Aínda hai miolo que debullar.