Temas: FRASEOLOXíA

“¿Por quen te tes?, máis enxebre ca “¿quen te cres?”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/12/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Naqueles casos en que observamos que alguén adopta unha actitude que para o noso entender non se corresponde coa que debería amosar por culpa de que excede ou sae fóra do que coidamos que sería o rango de normalidade desa persoa (actitudes tales como chulería, soberbia, arrogancia, prepotencia, desvergonza, exceso de confianza ou de familiaridade con outro individuo, etc.), non resulta nada estraño escoitar a utilización dunha expresión do tipo de “¡¿pero ti quen te cres (que es)?”. Sen entrarmos a fondo na pertinencia normativa ou non desa utilización pronominal do verbo crer + nome (p. ex., crese Supermán; críase o mellor do equipo; créome un gran mago; etc.) para dar a entender que alguén pensa de si mesmo que é aquilo que a seguir se expresa na secuencia lingüística (utilización non recolleita, cando menos polo de agora, no Dicionario da Real Academia Galega), o que parece evidente é que a nosa expresión máis tradicional se constrúe co verbo ter na súa construción pronominal + por + nome: tense por Supermán; tíñase polo mellor do equipo; téñome por un gran mago.

Nenos abrindo o sobre cos nomes das vacas de fibra de Mazaricos; Linda e Marela
Nenos abrindo o sobre cos nomes das vacas de fibra de Mazaricos; Linda e Marela | Fonte: Concello de Mazaricos

Creerse... && Tenerse por...

{= Pensar alguén de si mesmo que é (aquilo que a seguir se expresa).}

Terse por...

Ex.: Se cree el chico más guapo e inteligente del instituto, pero solo es un presumido.

Tense polo rapaz máis guapo e intelixente do instituto, pero só é un esculfurido.

Ex.: ¡¿Pero tú quién te crees quién te crees que eres?

¡¿Pero ti por quen te tes?

● Tamén:

Considerarse...

Crerse... && Considerarse...

● Tamén:

Creer(se) que ser... && Pensar(se) que ser... && Considerar que ser... && [E MESMO, EN CONTEXTOS XA MÁIS REDUCIDOS E CON MENOR PORCENTAXE DE USO]: Juzgar que ser...

Pensar que ser... && Crer que ser... && Considerar que ser... && [E MESMO, PROBABLEMENTE CON MENOR PORCENTAXE DE USO]: Xulgar que ser...

Ex.: Pensa que é   Cre que é Considera que é Xulga que é o rapaz máis guapo e intelixente do instituto, pero só é un esculfurido.

Ex.: ¡¿Pero ti quen pensas que es quen cres que es quen consideras que es quen xulgas que es?

NOTAS:

1. Nótese que no seu emprego non pronominal, esta mesma secuencia ter a alguén+ por + nome fornece tamén o significado de que o suxeito da expresión considera que alguén é aquilo que a seguir se expresa:

Tomar a alguien por...

{= Considerar ou xulgar que alguén é (aquilo que a seguir se expresa).}

Ter a alguén por...

Tomar a alguén por...

● Tamén, en moitos contextos:

Ter a alguén como...

Ex.: ¡¿Pero tú a mí por quién me tomas, chaval?! ¡Si te habrás creído que nací ayer!

¡¿ Pero ti a min por quen me tes, rapaz? ¡Se inda has de pensar que nacín onte!

Ex.: ¡Pues métele el dedo en la boca, ahora que ha ganado el concurso! ¡Y pensar que vosotros siempre lo habíais tomado por tonto!

¡Pois chámalle burro ó cabalo, agora que gañou o concurso! ¡E pensar que vós sempre o tivestes por parvo sempre o tomastes por parvo sempre o tivestes como parvo!

● Tamén:

Creer que ser... && Pensar que ser... && Considerar que ser... && [E MESMO, EN CONTEXTOS XA MÁIS REDUCIDOS E CON MENOR PORCENTAXE DE USO]: Juzgar que ser...

Pensar que ser... && Crer que ser... && Considerar que ser... && [E MESMO, PROBABLEMENTE CON MENOR PORCENTAXE DE USO]: Xulgar que ser...

Ex.: ¡¿ Pero ti quen pensas que son quen cres que son quen consideras que son quen xulgas que son, rapaz? ¡Se inda has de pensar que nacín onte!

Ex.: ¡Pois chámalle burro ó cabalo, agora que gañou o concurso! ¡E pensar que vós sempre pensastes que era parvo sempre crestes que era parvo sempre considerastes que era parvo sempre xulgastes que era parvo!

2. Inda que, tal e como se dixo máis arriba, na entrada crer do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) non se recolle o emprego pronominal deste verbo, entendemos que si forma parte do sistema galego, inda que nos máis dos casos sexa como secuencia lingüística de novo cuño posiblemente influenciada pola lingua teito castelá (e, polo tanto, menos recomendable de tomarmos como referencia a preservación da pureza ou enxebreza do noso idioma e a súa menor contaminación por axentes externos). Así se deixa entrever tamén no propio DRAG se, por exemplo, acudimos á entrada ter e procuramos a súa acepción 24, na que a expresión da que aquí estamos a tratar (terse por + nome) aparece definida como “Considerarse, crerse”:

«verbo pronominal

»24 (ter por) Considerarse, crerse.

»Tense por moita cousa. Teste por moi listo»

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (en liña).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta