Temas: GALEGO RAG

Aberto o prazo de presentación de candidaturas á 'Palabra do Ano 2018'

'O Portal das Palabras', iniciativa impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, buscan mediante votación en Internet o termo que mellor identifica o ano que conclúe.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/12/2018 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

'O Portal das Palabras', iniciativa impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, abriu o prazo de presentación de candidaturas á 'Palabra do Ano 2018', segundo informa a institución académica.

Sede da Real Academia Galega
Sede da Real Academia Galega

As propostas, en convocatoria aberta a toda a cidadanía, recibiranse até as 23,59 horas do 16 de decembro. As máis populares pasarán a segunda fase.

Nela, decidirase, mediante votación a través de Internet, cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír, segundo explica a institución académica.

'O Portal das Palabras', proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do galego, celebra por quinto ano esta iniciativa.

Temas: GALEGO RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta