A Xunta divide as áreas de planificación forestal e defensa do monte

O Goberno galego aproba a nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Rural, que agora dirixe José González.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2018 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves a nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Rural, que agora dirixe José González. Entre as súas principais novidades, inclúe a división, por primeira vez, das áreas de defensa do monte —que se ocupa da prevención e extinción de incendios— e a de planificación forestal.

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.. Europa Press - Archivo
O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Ao termo da reunión semanal do Executivo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou desta decisión e ratificou que o até agora director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, un veterano xestor cuxa dimisión pediu a oposición con especial intensidade após a vaga de incendios de outubro do pasado ano, continuará á fronte da área de defensa do monte.

En canto ao novo director de Planificación Forestal, será José Luís Chan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta