A Xunta reforza os controis de seguridade de xoguetes polo Nadal

Os controis realizados no marco de Infonadal céntranse este ano nos xoguetes para menores de tres anos e nas guirnaldas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Consumo e da Competencia, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha unha nova edición da campaña 'Infonadal Consumo', que ten por obxectivo garantir a seguridade dos produtos que están á venda e protexer os dereitos dos consumidores nas compras de Nadal.

Hippie Xoguete. MERCADO DEL JUGUETE - Archivo
Hippie Xoguete. MERCADO DEL JUGUETE - Archivo | Fonte: Europa Press

A través desta iniciativa, segundo destaca a Xunta nunha nota de prensa, refórzanse as actuacións de control do mercado que realizan durante todo o ano de maneira coordinada a inspección de Consumo e o Laboratorio de Consumo de Galicia.

Ao mesmo tempo, achégase información e formación en materia de consumo responsable pensada de maneira especial para estas datas a través da Escola Galega de Consumo, que está a celebrar charlas nas que está prevista a participación de máis de 1.500 persoas, principalmente alumnado dos centros educativos, organizacións de consumidores e outros colectivos.

Os controis realizados no marco de Infonadal céntranse este ano nos xoguetes para menores de tres anos e nas guirnaldas. Deste xeito, a Xunta asegura que "se garante ao máximo a protección dos consumidores galegos durante o Nadal, época na que se incrementa a venda de produtos para os máis pequenos".

A inspección de Consumo é a encargada de tomar as mostras no mercado, que posteriormente se envían ao Laboratorio de Consumo de Galicia. No caso de que se constate que algún destes produtos presenta riscos, procédese a notificar á rede de alerta de produtos de consumo non alimenticios.

Por outra banda, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia tamén intensifica a vixilancia no cumprimento dos deberes dos establecementos que pon os seus produtos a disposición dos consumidores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carlos Ruiz Montiel

Perdón por no publicar el comentario en Gallego, lo tengo un poco oxidado a la hora de escribir, pero me gustaría contestar esta noticia en Español, soy Carlos, Gallego de nacimiento y tengo actualmente una juguetería en un pueblecito de Alicante. Por esta zona este tipo de controles de seguridad de los juguetes está mucho mejor que por Galicia, ya que se lleva un control algo más extricto y nos aseguramos de que a los niños les lleguen los juguetes de la mejor calidad posible y con su certificado. Nosotros gracias a Dios tenemos proveedores como OcioStock, Frikily, TopBaby o la propia Funko Pop Europe donde compramos y nos traen juguetes de primerísima calidad, así que para los comerciantes de toda España, mi consejo es que no se arriesguen comprando juguetes en Aliexpress, Alibaba o ese tipo de tiendas donde los productos suelen venir sin ningún tipo de homologación.