Así debuxa o CIS a situación política en Galicia

Se houbera eleccións xerais, o PSOE gañaría e Ciudadanos quedaría por riba de En Marea. A enquisa ten en conta a Vox pero non ao BNG que estaría no apartado de "outros" partidos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/12/2018 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O PSOE gañaría as eleccións xerais en Galicia cun 20,9% dos votos. Iso é, cando menos, o que di a última enquisa do CIS que publicaba este mércores o barómetro de novembro logo do fiasco que os socialistas e os populares levaron en Andalucía. 

Datos do barómetro de novembro do 18 do CIS no conxunto do Estado
Datos do barómetro de novembro do 18 do CIS no conxunto do Estado

Os que votarían ao PSOE e os que aíndan non saben a quen votarían case que empatan, cun 20,9% e un 19,9%, respectivamente. Detrás xa se situaría o PP, cun 16,6% dos votos e como terceira forza, Ciudadanos, cun 11,2%. 

De feito, o dato máis significativo deste novo barómetro é que o partido de Albert Rivera, que nas anteriores proxeccións estaba sempre como cuarta forza, posicionase xa por riba de En Marea que quedaría con tan só un 8,7% dos votos. A bastención situariase nun 10,7%.

A última enquisa do CIS tamén deixa datos curiosos como a porcentaxe de votos que obtería Vox, o partido de ultradereita que entrou con forza na Cámara andaluza con 12 escanos e 400.000 votos. En Galicia, segundo este barómetro, quedaría cun 1% dos votos. O BNG non aparece e habería que interpretar que se atopa no apartado “Outro”, que está no 1,5% dos votos, moi próximo a formación populista e por detrás dos votos en branco que sumarían un 4,1%.

Esta enquisa, con todo, foi feita antes das eleccións andaluzas e antes dos grandes problemas e divisións internas que atravesa En Marea. Non obstante, como aconteceu en anteriores ocasións, o novo estudo do CIS foi duramente criticado polos partidos da oposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Ao cociñeiro do CIS habería que mandalo a casa, non por incompetente (que o é) senon por considerar parvos aos cidadáns !!! http://www.cis.es/cis/opencms/ES/8_...

2 paletismo ilustrado¡¡¡¡

viva el vino¡¡¡¡ O problema é que este espantallo de cis o pagamos todos e as prebendas que se manexan neste infesto país tamén ....¿ por qué non lle dades arsoluta al pchoe na próxima si en galicia todo o mundo vota choe as co de pais¡¡

1 Alpinista

Por que non se destacan por igual as predicións de Aramis Fuster ou de Rappel que as do CIS? Supoño que será por ser menos asombrosas, pois científicas son iguais! E, xa que estamos, populistas son PP, PSOE, Ciudadanos ou Podemos; o fascismo de Vox é outra cousa.