Feijóo avisa a Vox: "Non necesitamos profetas"

O presidente da Xunta pon a Galicia como un "referente de moderación e de diálogo" para o resto do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avisou este xoves a Vox de que nin el nin o PP van aceptar leccións de como defender a nación e a Constitución. "Non necesitamos nin profesores nin profetas", dixo. Así o sinalou nun dos habituais círculos con xornalistas ao termo do acto institucional que tivo lugar no Congreso con motivo do cuadraxésimo aniversario da Constitución, onde acudiu xunto a outros presidentes autonómicos.

Susana Díaz, Javier Fermández e Alberto Núñez Feijóo
Susana Díaz, Javier Fermández e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

O presidente galego quixo deixar claro que o PP non cambiou de discurso ante a irrupción de Vox no Parlamento andaluz que, segundo lembrou, non naceu agora, senón fai cinco anos, pero si cre que o seu partido debe saber interpretar ese ascenso, facer o seu traballo e explicar ben o seu proxecto. O que cambiou, ao seu xuízo, e o que pode propiciar a súa crecida é a aplicación do artigo 155 da Constitución en Cataluña, que algúns puideron percibir como laxa, e un presidente "perdido", en alusión a Pedro Sánchez, que goberna grazas aos votos de partidos que "non queren respectar" a Carta Magna.

VOX NON TEN CABIDA EN GALICIA

En todo caso, subliñou que, aínda que existe o risco, o partido que lidera Santiago Abascal "non ten cabida" en Galicia porque o PP foi "garantía" para frear que o nacionalismo goberne na súa comunidade. "Para defender a Constitución, a nación e o estado das autonomías nós non necesitamos profesores nin profetas, e Vox non nos vai a dar eleccións" de como facelo, salientou o xefe do Executivo galego.

Xusto antes de abandonar o Palacio do Congreso, preguntado sobre as liñas vermellas que Vox puxo este mércores encima da mesa para apoiar a Juanma Moreno en Andalucía, Feijóo só comentou que o partido de Abascal deberá decidir se prefire que o PSOE e Podemos gobernen a comunidade, ou se prefire "dar unha oportunidade" ao PP e a Cidadáns. "Nós non temos que decidir se apoiamos a Vox", senón ao revés, insistiu. Sobre a reivindicación do PP de que debería gobernar a lista máis votada, o presidente galego criticou que o PSOE "sempre" se negou a esa reforma da vixente Lei Electoral, o que propiciou que quen perde as eleccións poida chegar a ocupar o poder pactando con outros partidos. "A nós gustaríanos xogar nun taboleiro no que o que goberna gana e o que perde está na oposición, pero lamentable temos que xogar o taboleiro que o PSOE e os seus aliados impoñen", apostilou.

"REFERENTE DE MODERACIÓN"

Xa en declaracións aos medios de comunicación, o presidente da Xunta asegurou que Galicia "é un referente de moderación e de diálogo" para o resto de España. Así, asegurou que "o pobo galego é un referente en España para comprobar que o autogoberno é útil". Sobre o estado de autonomías, declarou que "é unha boa formulación" e que o problema "non é o modelo senón como se xestiona ese modelo".

Nesta liña, o presidente galego lembrou que esta formulación "deu corenta anos de democracia, de progreso, de prosperidade, benestar e liberdades". Feijóo avogou por "sosegar o debate político" que hai actualmente en España e ha recetado "illar aos populismos de todos os ámbitos" así como "diminuír o extremismo político". Ademais, destacou que "o principal problema económico que hai hoxe en día en España é a inestabilidade política".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Yayaya

Feijoo acepta el discurso cultural de la izquierda en memoria histórica, ideología de género o animalismo. Y como no todo el mundo cree que los animales deben tener iguales o superiores derechos a las personas; como no todo el mundo cree que la guerra la ganaron los malos o que los varones son intrínsecamente violentos y por ello presuntos culpables, menos lobos que Vox puede restarle votos suficientes para que el PP pierda la mayoría absoluta.

3 Cruña

Feijóo cinco días antes de las elecciones andaluzas: Feijóo cree que VOX "no alcanzará representación" en las elecciones andaluzas https://www.eldiario.es/politica/Fe...

2 Gallego

Feijóo ya le está haciendo la campaña a Vox...

1 Gamela

Non escoitou aínda falar ao alcalde de Vilanova? (VOX xa está dentro do PPdG) E para "diminuir o extremismo" o único camiño é Diminuir a Desigualdade !!!

1 Tocabolas

E ao d e Noia que dicia que a Muller é a única que sangra sen cortar-se..e ao de Beade coa súa Misa Franquista anual......