A Xunta, disposta a colaborar coa xustiza logo da demanda de Fiscalía contra Audasa

A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente que deputados e senadores do PP voten a favor do traspaso da AP 9 á administración autonómica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, apoiou a demanda colectiva interposta por Fiscalía contra Audasa polas peaxes na AP-9 durante as obras.

Obras na ponte de Rande. EUROPA PRESS - Archivo
Obras na ponte de Rande. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

"Sempre colaboramos con ese tipo de cuestións", apuntou nunha entrevista na Cadena Ser, antes de incidir en que a Xunta "sempre" ten que "colaborar coa xustiza neste tipo de casos".

Após insistir en que a política da Xunta é contraria ás peaxes existentes, sobre o traspaso da autoestrada, valorou que os deputados e senadores do PP voten a favor, porque é unha demanda unánime por parte do Parlamento galego, pero rexeitou que o cambio de sentido do seu voto se deba a que haxa un novo Goberno.

Ademais, recoñeceu que o traspaso non será inmediato porque despois haberá que pechar o acordo institucional para que a transferencia veña acompañada dos compromisos para acometer obras fundamentais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta