Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 17:49
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, solicitou este xoves o mantemento dos fondos para Galicia a partir de 2021.
Fíxoo durante a 132ª sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións, ao comezo, durante un debate sobre o futuro da política de cohesión no que participou a comisaria Corina Cretu.
Na actualidade, Galicia recibe un tratamento preferente por saír por primeira vez do grupo de rexións menos desenvolvidas e Gamallo expuxo que o mantemento dos criterios de repartición propostos pola Comisión Europea sería, a xuízo da Xunta, contrario á esencia da política de cohesión.
Xunto a Galicia veríanse afectadas por esta situación outro oito rexións europeas. O director xeral subliñou que corrixir esta "inxustiza"; segundo os seus datos, suporía un 0,01 por cento do orzamento total dedicado a este ámbito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.