Seis persoas resultan feridas nun accidente en Mesía

A colisión foi entre unha furgoneta e un turismo con cinco persoas dentro, catro delas quedaran atrapadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Seis persoas foron evacuadas na tarde deste xoves despois de producirse un accidente con dous vehículos implicados no punto no que enlazan a N-634 coa DP-4701 no termo municipal de Mesía.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Varios condutores chamaron ao 112 pasadas as 17,00 horas para informar da colisión entre unha furgoneta e un turismo no que viaxaban cinco persoas, das cales catro quedaron atrapadas a causa do impacto e das voltas de campá que deu o coche. Emerxencias avisou a bombeiros de Ordes e aos membros do GES de Curtis para colaborar nas tarefas de excarceración do catro ocupantes atrapados.

Pola súa banda, os servizos sanitarios enviaron á zona diversas dotacións e o helicóptero medicalizado con base en Santiago para a evacuación dos feridos con lesións máis importantes. Tamén foi trasladado o condutor da furgoneta que, en todo caso, estaba liberado e accesible. Trasladados todos os feridos, os servizos de emerxencia limparon os restos da estrada para restablecer as condicións de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta