Un cabalo provoca un accidente con dous feridos en Catoira

O estado das dúas persoas non parecía ser de gravidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Un adulto e un menor resultaron feridos este xoves por mor dun accidente de tráfico que provocou un cabalo na localidade pontevedresa de Catoira. O 112 rexistrou o accidente na EP-8001, a estrada que une Catoira e Caldas de Reis, sobre as 18,20 horas deste xoves. Ao lugar acudiron os profesionais sanitarios, voluntarios de Protección Civil de Catoira, bombeiros de Vilagarcía e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Aínda que tiveron que ser evacuados polos servizos sanitarios de urxencia, o estado de ambos non parecía revestir gravidade, segundo apunta o 112. Por outra banda, outra persona foi evacuada en helicóptero este xoves despois de sufrir unha caída mentres cabalgaba no concello ourensán da Veiga, en concreto en Valdín, sobre as 14,00 horas. Neste caso, o 112 informou á Garda Civil para colaborar co 061 nos labores de aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta